FONTE DE PORMÁS
LENDA
LENDA
Un fidalgo que moraba preto da fonte tiña unha filla moi belida, á que requerían en amores tódolos mozos da bisbarra. O fidalgo non consentía a ninguén tratar o casoiro coa filla e para arredala do perigo foina encantar á fonte Pormás.
Un serán estaba un mozo nunha rozada e ollou chegar o fidalgo coa filla e os criados con sacos ó lombo; marcharon os criados, despois de pousar a trouxa e un adival que ía envolto nun saco, quedando sós pai e filla. A moza choraba a fío agarrada ós brazos do seu pai, pregándolle de xeonllos que non a deixase alí; pero o pai non fixo caso; soamente lle dixo:
- Non teñas pena; quédache con que valerte.
O fidalgo sacou un libro e comezou a ler; ó pouco tempo a moza meteuse polo cano da fonte e seguidamente os sacos que levaran os criados seguiron o vieiro que levara a moza; quedou fóra o adival, e o fidalgo continuou lendo moito tempo deica que o adival se tranformou nunha gran serpe longa e grosa que foi meténdose polo cano da fonte. Cando ía desaparecendo o home cerrou o libro e díxolle:
- El que te desencantare, nove veces detrás del cachazo te ha de besare.
O mozo deixou a rozada e foi á casa, pero ó pouco tempo tornou á fonte Pormás para desencantar a fermosa rapaza que el ollara agachar entre as augas. A poucos pasos da fonte apareceulle unha muller que lle dixo con certa tristura.
- Se non tes valor, non me desencantes.
O mozo, sen arrepiarse, chegou á bira da fonte e sentouse nunha pedra, e oíndo un grande bruído nas augas viu saír un enorme culebrón polo cano da fonte. O mozo deulle tres beixos por tras do cachazo e a serpe tornou para a fonte. Tornou a saír a serpe, agora que con menos bruído e poñéndose dereita diante do mozo levou outros tres beixos e enguliuse na auga. Á terceira vez saíu case mansiña de todo e ó darlle os beixos caeu no chan feita un adival. Naquel intre comezou un ruxir enorme de cartos e apareceu a moza cos sacos cheos de ouro que seu pai lle levara e que ficaban gardados pola serpe.
A moza non quixo volver á casa de seu pai e foi casar á igrexa da parroquia co mozo que a desencantara..
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901