martes, 1 de enero de 2013

MUIÑO DE AS FERMOSAS - CARBALLEDA

MUIÑO DE AS FERMOSAS
CARBALLEDA DE AVIA
OURENSE
Ruta dos Muiños


     Esta ruta é unha mostra do patrimonio etnográfico e histórico da comarca do Ribeiro. É a máis antiga das tres incluídas no programa Camiños Naturais, ademais da máis coñecida e próxima ao núcleo urbano de Carballeda de Avia. Ao longo do percorrido poderás apreciar un magnífico exemplo de conservación do patrimonio cultural e ambiental ligado ao aproveitamento da forza da auga, imprescindible para o desenvolvemento das sociedades rurais.


     A ruta está formada por un conxunto de 24 muíños restaurados entre 2007 e 2009 con fondos europeos, dous talleres de emprego e fondos propios do Concello.


 Os 7,2 quilómetros do percorrido están divididos en seis etapas:


     Atravesando as aldeas deshabitadas de Sariñás e Xunqueira chegaremos ás Fermosas. Antes de entrar na aldea, a ambos os dous lados do río Maquiáns encóntranse cinco muíños rehabilitados no ano 2009 por un taller de emprego municipal. A dous deles accédese desviándose á dereita do sendeiro principal e atravesando unha pequena ponte de madeira baixo a sombra dos bidueiros.




      Os outros tres muíños encóntranse no lado contrario do regato, rodeados de árbores autóctonas e abundantes fentos reais. Destaca a súa situación para aproveitar a escarpada orografía do terreo. Todas as construcións están abertas para poder pasar ao interior e ver a "moa". Xusto na entrada do camiño que conduce a este conxunto, pódense ver dous enormes carballos centenarios ocos por dentro.


     Neste punto comeza a serra de Pena Corneira, que se estende cara ao punto máis alto, do mesmo nome, polo noroeste. O lugar exacto está marcado cun indicador.




     Ao chegar á aldea das Fermosas hai un tramo de camiño empedrado que se desvía ao Curro das Laceiras e nun lateral deste, unha fonte pública onde repoñer forzas e un miradoiro con “canastros” (hórreos).



VIDEO

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901