jueves, 31 de enero de 2013

CAPILLA DE SANTIAGUIÑO - CUNTIS

CAPILLA DE SANTIAGUIÑO
ERMIDA
CUNTIS


     O concello está situado no noroeste da provincia de Pontevedra, e limita cos concellos de Valga, A Estrada, Campo Lameiro, Moraña e Caldas de Reis. Ten 79,8 km², e conta con 78 entidades de poboación repartidas entre 8 parroquias.


Santiaguiño da Ermida
     Localizada no lugar da Ermida, está provista dun soportal na súa fachada -que terma dun tellado- e erguida nunha paraxe moi fermosa, próxima ao río Umia e no interior dun campo circundado por vellos carballos e castiñeiros. 


      O Santiaguiño da Ermida é un centro espiritual de grande antigüidade, xa existente no S. XVI aínda que ben puidese ter as súas orixes no medievo xa que esta edificación dá nome ao lugar, A Ermida. 


     Ademais do apóstolo venérase a unha Virxe da Pena (ou da Peña) que contan que apareceu nas inmediacións, xunto a un manancial de auga milagreira que aínda se conserva e que nas súas pedras leva gravado ese suposto milagre mariano.


     No que respecta á imaxe de Santiago Apóstolo, había a tradición de mergullalo no interior do río Umia para que o santo lle trouxese boas colleitas aos labregos do lugar e para implorar a chegada das choivas cando tocaba un ano de seca.

VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901