IGREXA DE SAN MIGUEL DE EIRE
O MOSTEIRO
PANTÓN
LUGO
SAN MIGUEL DE EIRE
Construída na segunda metade do s. XII. Ten unha nave de planta rectangular e ábsida semicircular.
Muros de cadeirado granítico e cuberto a dúas augas. A fachada ten dúas portas, unha delas enmarcada por un arco de medio punto con doelas e moldura lisas, unha pequena ventá na parte superior do frontis e está rematada por un frontón triangular.
A portada norte ten dúas arquivoltas, a exterior con rosetas e o "agnus dei" no centro e a interior estriada e decorada con bólas. Todo o conxunto está rodeado dunha moldura de billetes e zigzagueado.
O tímpano ornamentado con círculos entrelazados e unha figura que representa o tetramorfos. Na parte dianteira da nave principal levántase unha torre rectangular dun só corpo. No interior hai capiteis decorados, pinturas murais de fins do s. XV-principios do s. XVI e varias esculturas, atribuídas a Cornielis de Holanda.
Formou parte dun conxunto monacal benedictino do s. XII e foi declarada Monumento Nacional en xuño de 1964.
PANTÓN
O concello de Pantón está situado no Sur da provincia de Lugo, na denominada Ribeira Sacra Lucense.
Os seus límites veñen marcados polos ríos Miño, Cabe e Sil que a convirten na "Mesopotamia" galega.
A súa extensión territorial e de 146 quilómetros cadrados, ocupados polas vinteseis parroquias, que suman un total de douscentos vinte núcleos de poboación na que se asentan uns 3000 habitantes.
A capitalidade da zona está centrada na vila de O Castro de Ferreira, que conta cuns 700 habitantes, agrupados en torno á N-120, a arteria de comunicación da zona, e na Praza do Concello, lugar onde se desenvolve a vida pública e municipal.
NATUREZA
Os ríos que forman os límites do Municipio de Pantón, configuran nas súas beiras, agrestes e empinadas, unha riqueza paisaxística inigualable que se mestura coa riqueza artística.
Os ríos que forman os límites do Municipio de Pantón, configuran nas súas beiras, agrestes e empinadas, unha riqueza paisaxística inigualable que se mestura coa riqueza artística.
Desde o lugar máis alto do municipio (Pena Pombeira, 710 metros) Pantón deleitanos coas súas fermosas panorámicas, mesturando as beiras máis escarpadas cos vales máis apracibles.
Unhas paisaxes naturais de grande variedade e atractivo, con boas condicións para practicar a pesca.
Polos ríos Miño e Sil pódense realizar percorridos en catamarán , que permiten a contemplación das insólitas paraxes da Ribeira Sacra, cos seus característicos viñedos dispostos en terrazas, tamén chamadas socalcos.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901