jueves, 15 de enero de 2015

IGREXA DE SAN ESTEVO DE ATÁN

 IGREXA DE SAN ESTEVO DE ATÁN
FREÁN
PANTÓN
LUGO


 IGREXA DE ATÁN   
     As primeiras referencias de asentamentos eremitas nestas terras apuntan á época sueva, aínda que non sería ata os séculos XII-XIII cando se construíu esta igrexa románica, como parte dun mosteiro hoxe inexistente. 


     En épocas posteriores realizáronse diversas obras de reforma. Na actualidade, este templo está restaurado e consolidado.


     A igrexa de Santo Estevo de Atán conta cunha soa nave, con cuberta a dúas augas. A ábsida, rectangular, está cerrada por unha bóveda de canón. 



     En diversos puntos dos seus muros pódense distinguir inscricións e marcas, presumiblemente realizadas polos canteiros que traballaron na súa construción. 


     A porta oeste, máis ampla que a norte, componse de tres pares de columnas que sosteñen arquivoltas lixeiramente apuntadas sobre un tímpano liso. 


     Outro elemento de interese é a decoración do beirado. 


     Tamén prestaremos atención ás tres ventás de primitiva estética que se atopan no arco de acceso á ábsida (unha) e nos muros da reitoral (as outras dúas).


PANTÓN
     O concello de Pantón está situado no Sur da provincia de Lugo, na denominada Ribeira Sacra Lucense. 



     Os seus límites veñen marcados  polos ríos Miño, Cabe e Sil que a convirten na  "Mesopotamia" galega.



     A súa extensión territorial e de 146 quilómetros cadrados, ocupados polas vinteseis parroquias, que suman un total de douscentos vinte núcleos de poboación na que se asentan uns 3000 habitantes.



     A capitalidade da zona está centrada na vila de O Castro  de Ferreira, que conta cuns 700 habitantes, agrupados en torno á N-120,  a arteria de comunicación da zona, e na Praza do Concello, lugar onde se desenvolve a vida pública e municipal. 


NATUREZA
     Os ríos que forman os límites do Municipio de Pantón, configuran nas súas beiras, agrestes e empinadas, unha riqueza paisaxística inigualable que se mestura coa riqueza artística. 



     Desde o lugar máis alto do municipio (Pena Pombeira, 710 metros) Pantón  deleitanos coas súas fermosas panorámicas, mesturando as beiras máis escarpadas cos vales máis apracibles. 


     Unhas paisaxes naturais de grande variedade e atractivo, con boas condicións para practicar a pesca. 


     Polos ríos Miño e Sil pódense realizar percorridos en catamarán , que permiten a contemplación das insólitas paraxes da Ribeira Sacra, cos seus característicos viñedos dispostos en terrazas, tamén chamadas socalcos. 

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901