IGREXA DE SAN PEDRO
A MEZQUITA
A MERCA
OURENSE
O concello dispón de varios atractivos culturais e paisaxísticos, que unidos á súa proximidade á capitalidade da provincia confírenlle unha función de recreo.
Ao longo deste río están os máis antigos vestixios, como os castros da Peneda da Lebre (alusión a unha ermita antiga, da que non existen restos, adicada a San Amaro, de onde procede unha imaxe conservada na Capela do Espírito Santo); o de Outeiro de San Marcos (situado na Mezquita, próximo á Compostela), o de Castro de Rodela (é o de maiores dimensións, e está situado en Faramontaos, entre o Concello de A Merca e o de Celanova) e o do Monte do Castro de Olás.
Non podemos esquecer a igrexa de San Pedro de A Mezquita, declarada Monumento Nacional no ano 1931, románica con elementos de transición ao gótico.
É de planta lonxitudinal e unha sola nave, con contrafortes e delimitada por unha imposta que percorre todo o edificio, baixo a que se atopa unha sucesión continua de modillóns que representan animais simbólicos (lobo, serpe), antropomorfos e nun so caso unha roseta; remata nun piñón sobre o que se dispón un Agnus Dei e unha cruz antefixa (o cordeiro mira para o Oeste, feito insólito en Galicia).
Baixo os contrafortes unha loba amamantando aos seus lobetos e un lobo que devora un cordeiro.
No segundo corpo da fachada ábrense dúas ventás superpostas; a inferior, entre a portada e o rosetón, é de arco de medio punto axadrezado e a superior é un simple portelo sobre a cornixa.
Nas súas proximidades, consérvanse sepulcros antropomorfos, así como un fermoso cruceiro de fuste estriado, decorado con figuras na parte central e descansando sobre o seu capitel un Cristo de gran tamaño.
Estes últimos, presentan unha singular persecución co público asistente aos actos, mostrando unha vestimenta de gran riqueza cromática.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901