MUIÑO DE PONTE FECHAS
RIO ARNOIA
CELANOVA
OURENSE
Ponte Fechas é un lugar da parroquia de Rabal no concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. Tiña 28 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 9 eran homes e 19 mulleres.
Iso supón un mantemento da poboación respecto a 2010, cando tiña 28 habitantes (9 homes e 19 mulleres).
Rabal
San Salvador de Rabal é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2011 contaba con 109 habitantes (57 mulleres e 52 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 154 habitantes.
Historia
Rabal atópase no vello camiño dunha calzada romana que partía da ponte romana do Freixo cara a Ourense, aínda que se apunta cara un orixe altomedieval dos distintos núcleos de poboación por parte de labregos libres, de todas formas os documentos medievais din que enriba se atopaba o castro de Pelosino.
Segundo o arquivo de manuscritos de propiedades do mosteiro de Celanova, Rabal era unha vila que entre os anos 956 a 997 foi apoderándose dela San Rosendo e os seus monxes, mediante a compra de bens inmobles e raíces, onde varios labregos libres xa se organizaran comunitariamente para o uso compartido do terreo e os seus bens (dereitos de paso, aproveitamento da forza hidráulica e da pesca do río Arnoia).
No ano 959 a abadesa Guntroda doou unha viña ao abade Fafilán (o mesmo que fundara un mosteiro no monte Louredo en Toén) e ó mosteiro por el fundado en Rabal, baixo a advocación de San Paio.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901