martes, 6 de enero de 2015

SANTUARIO DA ASUNCIÓN - ALLARIZ

SANTUARIO DA ASUNCIÓN
ARMEÁ
AGUAS SANTAS
ALLARIZ
OURENSE


Armeá
     Armeá é un lugar da parroquia de Augas Santas no concello ourensán de Allariz na comarca de Allariz - Maceda. Tiña 6 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 2 eran homes e 4 mulleres.
 

     Neste lugar está o castro de Armeá, vinculado á capela románica da Asunción, construción do século XIII sen rematar.



Santa Mariña de Augas Santas
     Santa Mariña de Augas Santas é unha parroquia situada no norte do concello de Allariz. Segundo o INE no 2010 tiña 200 habitantes (93 homes e 107 mulleres).



     Situada a 6 quilómetros da vila, limita coas parroquias alaricanas de Folgoso e Os Espiñeiros e cos concellos de Taboadela, Paderne de Allariz e Xunqueira de Ambía. O seu núcleo máis poboado é Santa Mariña de Augas Santas, con 67 habitantes.



Patrimonio histórico
     Na parroquia está o castro de Armeá, orixinario do século II a.C., no que apareceron dúas estatuas de guerreiros castrexos e un gravado rupestre antropomorfo.



     Segundo a tradición aquí foi decapitada no ano 139 a mártir cristiá Mariña de Augas Santas. No mesmo lugar onde foi decapitada erixiuse a igrexa parroquial baixo a súa advocación. A igrexa actual, construción románica de finais do Século XII, posúe tres naves sen cruceiro, con falso triforio no interior, rosetóns na fachada e nas tres ábsidas. É unha ampliación sobre unha máis antiga que se fixo o descubrirse os restos da Santa durante o reinado de Afonso II. 


     O mausoleo da santa sitúase sobre o que se considerou o seu sepulcro. Ten unha lauda lisa sobre a terra, orixinaria do século XVIII. As imaxes son de Santa Mariña no centro e o seu carón Santa Marta e Santa Eulalia. Cabo da igrexa está o pazo de verán do bispo de Ourense



Igrexa da Asunción
     Na parroquia tamén hai outra capela que quedou a medio construír desde o século XIII, a igrexa da Asunción. Construción heterodoxa vinculada ao Castro de Armeá e ás lendas de Santa Mariña.



Festas
     O día da ascensión celébrase a procesión dos pendóns e o día de Santa Mariña, 18 de xullo, festéxase a esta santa.

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901