lunes, 26 de enero de 2015

FERVENZA DE SAN GREGORIO - OLLARES

FERVENZA DE SAN GREGORIO
OLLARES
VILA DE CRUCES


VILA DE CRUCES
     Vila de Cruces é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza.



     Limita cos concellos de Boqueixón, Touro, Arzúa e Santiso (da provincia da Coruña), e Silleda, Agolada e Lalín (provincia de Pontevedra).



Historia
     O concello denominouse Carbia ata 1944, por estar nesta parroquia a capitalidade. 
 

     O 19 de setembro de 1944 o concello inaugurou a súa nova sede en Vila de Cruces, tomando esta denominación oficialmente.



Poboación
     Segundo o Padrón municipal de habitantes a poboación en 2012 era de 6.085 persoas. O seu xentilicio é cruceño.



Festas e celebracións
     A Patroa da vila é a Nosa Señora da Piedade e celébrase a súa festa o fin de semana seguinte ó 4 de agosto (excepto se é sábado que pasaría a ser o seguinte).



Entroido
     Varias parroquias celebran o entroido cos altos dos xenerais.



Gastronomía
     Tamén celebra festas gastronómicas como a da Castaña en novembro, a do Chourizo en febreiro e a do Galo de Curral en maio, todas elas con degustación gratuíta de produtos da zona.



Feiras
     Os días de feira na Vila son 4 e o 17 de cada mes.



OLLARES
     Santa María de Ollares é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. 



     Segundo o IGE en 2011 tiña 104 habitantes (50 mulleres e 54 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 154 habitantes.


MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901