MONASTERIO DE SAN MUNIO - A BOLA
MONASTERIO DE SAN MUNIO
VEIGA
A BOLA
OURENSE
Monasterio de San Munio
Mosteiro fundado no século IX por San Munio, que se atopa sepultado na capela maior da igrexa, aplicándose as súas reliquias aos endemoniados para liberalos de Satanás.
A igrexa é unha das mostras máis curiosas do románico oixival. Consta dunha soa nave e ábsida rectangular.
Das súas orixes conserva unha torre lateral, que data do século IX, pero a forma actual é románica de transición.
Destaca tamén a porta lateral, con arco apuntado e arquivoltas decoradas con motivos vexetais, e un tímpano con cruz grega sobre mochetas que representan as cabezas dun lobo e un carneiro.
No seu interior destaca unha cruz procesional de estilo románico-bizantino, realizada en madeira, recuberta de bronce esmaltado e decorada con cabuxón de cristal de gran valor.
A Bola
Historia, arte e monumentos
Este Concello, preto da vía romana XVIII, entre Braga e Astorga, sufriu a influencia romana e tamén as invasións musulmás. Esta presenza ten sido efémera ao repoboarse estes territorios entre os séculos IX e X.
Precisamente deste período arranca a institución máis importante deste Concello, o mosteiro de San Munio de Veiga, construído no século IX, hoxe desaparecido e substituído por unha igrexa románica.
Durante a Idade Media a súa vida viuse marcada pola influencia do mosteiro de San Salvador de Celanova, pertencendo parte do territorio á súa xurisdición baixo a autoridade deste mosteiro.
Outras xurisdicións foron as de Berredo, Fruíme e Vilaverde e Sorga (todas elas baixo elementos da baixa nobreza); San Munio da Veiga era responsabilidade da Encomenda de San Marcos de León (integrada na Orde de Santiago) e garantía a independencia do mosteiro de San Munio fronte ao de San Salvador de Celanova; e a de Vilariño do Campo, pertencente ao conde de Maceda.
Durante a Idade Moderna no Concello edificáronse pazos como o de Berredo, Podentes e Sorga. Unha vez creados os concellos constitucionais, as xurisdicións deron paso aos municipios de Berredo e Soutomel, que en 1835 se fusionaron no da Bola.Igrexa de Veiga
O Concello de A Bola debe o seu nome á bóla situada no lugar que leva o seu mesmo nome, A Bola.
Esta bóla granítica foi alterada por unha serie de fracturas perpendiculares á superficie formándose bólas que nuns casos quedaron amoreadas unhas sobre as outras formando o que se denomina como barrocais, nestes barrocais son típicas as rochas cabaleiras, é dicir, bólas graníticas situadas de forma natural en equilibrio sobre unha das súas superficies máis pequenas.
Deste tipo de bólas temos boa mostra no municipio constituindo o emblema do mesmo, sendo o exemplo máis característico do municipio a bóla situada en A Bola.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901