MUIÑOS DE ESQUEIRO
RÍO UMIA
ALDEA GRANDE
A ESTRADA
ALDEA GRANDE
A Aldea Grande é un lugar da parroquia de Callobre no concello pontevedrés da Estrada na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Tiña 55 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 25 eran homes e 30 mulleres.
Iso supón unha diminución da poboación respecto a 1999 cando tiña 58 habitantes (24 homes e 34 mulleres).
CALLOBRE
San Martiño de Callobre é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña 426 habitantes (239 mulleres e 187 homes), distribuídos en 12 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 667 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 372 persoas.
Xeografía
Fervenza de Callobre, atópase un salto de auga no río Liñares formando un singular espazo natural.
Fervenza de Callobre, atópase un salto de auga no río Liñares formando un singular espazo natural.
Sobreira de Valiñas, esta centenaria sobreira de grandes dimensións pertence ao Pazo do mesmo nome.
Patrimonio
Casa de Valiñas, no lugar de Vilar, preto do río Liñares, pertenceu aos Figueroa Bermúdez. Destaca a cheminea e entre as dependencias, un hórreo e unha capela.
A ESTRADA
A Estrada é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á Comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE no ano 2012 residían alí 21.657 persoas. No ano 2004 residían 307 estranxeiros no concello. O concello ten 51 parroquias.
RIO UMIA
O río Umia nace na parroquia de Aciveiro (Forcarei), e percorre os concellos da Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Portas, Meis, Vilanova de Arousa, Ribadumia e Cambados creando unha bacía de 404 km².
Finalmente, desemboca na ría de Arousa na Ponte da Barca (Cambados). Estímase unha lonxitude total de 70 km e un caudal medio de 16,3 m3.
Características
O río nace ao xuntárense os regatos de Raigosa (700 m), Filloi (720 m), Alende (620 m) e Grela. Circula por unha chaira a 500 m de altitude até A Goleta, a partir de onde baixa encaixado até Ponte Taboada. Alí xúntaselle o río Gallo e segue por outra chaira situada a 200 m.
En Cesar, Caldas de Reis, cae en fervenza. En Caldas de Reis entra na Depresión Meridiana, até desembocar na ría, entre os concellos de Cambados e Ribadumia creando unhas marismas en que se poden ver, ao longo das estacións, unha gran diversidade de aves migratorias.
O río Umia ten unha grande importancia cultural, xurdindo no seu entorno diversos contos ou lendas coma a da "ponte dos padriños", en Ponte Arnelas (en Leiro, Ribadumia), no que se practicaba o rito do bautismo anticipado.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901