lunes, 26 de enero de 2015

FERVENZA DE BODAÑO - VILA DE CRUCES


 FERVENZA DE BODAÑO
RÍO CARRIO
BODAÑO
VILA DE CRUCES


 VILA DE CRUCES
     Vila de Cruces é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza.



     Limita cos concellos de Boqueixón, Touro, Arzúa e Santiso (da provincia da Coruña), e Silleda, Agolada e Lalín (provincia de Pontevedra).



Historia
     O concello denominouse Carbia ata 1944, por estar nesta parroquia a capitalidade. O 19 de setembro de 1944 o concello inaugurou a súa nova sede en Vila de Cruces, tomando esta denominación oficialmente.




Poboación
     Segundo o Padrón municipal de habitantes a poboación en 2012 era de 6.085 persoas. O seu xentilicio é cruceño.



Festas e celebracións
     A Patroa da vila é a Nosa Señora da Piedade e celébrase a súa festa o fin de semana seguinte ó 4 de agosto (excepto se é sábado que pasaría a ser o seguinte).



Entroido
     Varias parroquias celebran o entroido cos altos dos xenerais.



Gastronomía
     Tamén celebra festas gastronómicas como a da Castaña en novembro, a do Chourizo en febreiro e a do Galo de Curral en maio, todas elas con degustación gratuíta de produtos da zona.



Feiras
     Os días de feira na Vila son 4 e o 17 de cada mes.




BODAÑO
     San Mamede de Bodaño é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2009 tiña 162 habitantes (85 mulleres e 77 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 182 habitantes.



Historia
     A parroquia figura como "Castro Bodaño" nunha doazón ao mosteiro de Sobrado en 959. En 1159 foi incorporada por Fernando II ao coto de Carboeiro.



Patrimonio
     Igrexa de San Mamede de Bodaño, conserva restos da súa fábrica románica.



     Muíños da Eirexe, tres muíños que aproveitan a mesma auga situados na canle do regato do Chirlo.

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901