FERVENZA DE INSUELA
BARRANCO DE INSUELA
CODESEDA
A ESTRADA
CODESEDA
San Xurxo de Codeseda é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña 393 habitantes (216 mulleres e 177 homes), distribuídos en 25 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 628 habitantes.
En 1842 tiña unha poboación de feito de 692 persoas.
Patrimonio
A igrexa de San Xurxo de Codeseda é de ábsida pentagonal con arquivoltas semicirculares tóricas unida á nave mediante un corpo rectangular limitado polo arco triunfal e outro arco paralelo que marca o arranque da porción semicircular.
No lugar existiu o mosteiro de Augas Santas, anterior a 1164. Ao seu carón está a casa reitoral e un cruceiro.
O Pazo de Monteagudo ou Casa de Ballesteros, situado en Monteagudo, é un pazo catalogado no inventario patrimonial de Galicia. Ten varios hórreos.
Festas
Romaría da Virxe da Agrela. Celébrase a primeira fin de semana de setembro no lugar da Agrela.
INSUELA
Insuela é un lugar da parroquia de Codeseda no concello pontevedrés da Estrada na comarca de Tabeirós - Terra de Montes.
Tiña 17 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 9 eran homes e 8 mulleres.
Iso supón unha diminución da poboación respecto a 1999 cando tiña 22 habitantes (9 homes e 13 mulleres).
A ESTRADA
A Estrada é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á Comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE no ano 2012 residían alí 21.657 persoas.
No ano 2004 residían 307 estranxeiros no concello. O concello ten 51 parroquias.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901