FERVENZA DE AS QUINTAS
REGUEIRO DAS QUINTAS
AS QUINTAS
CODESEDA
A ESTRADA
San Xurxo de Codeseda é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña 393 habitantes (216 mulleres e 177 homes), distribuídos en 25 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 628 habitantes.
En 1842 tiña unha poboación de feito de 692 persoas.
Patrimonio
A igrexa de San Xurxo de Codeseda é de ábsida pentagonal con arquivoltas semicirculares tóricas unida á nave mediante un corpo rectangular limitado polo arco triunfal e outro arco paralelo que marca o arranque da porción semicircular.
Festas
Romaría da Virxe da Agrela. Celébrase a primeira fin de semana de setembro no lugar da Agrela.
AS QUINTAS
As Quintas é un lugar da parroquia de Codeseda no concello pontevedrés da Estrada na comarca de Tabeirós - Terra de Montes.
Tiña 33 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 16 eran homes e 17 mulleres.
A Estrada é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á Comarca de Tabeirós - Terra de Montes.
Segundo o IGE no ano 2012 residían alí 21.657 persoas.
No ano 2004 residían 307 estranxeiros no concello. O concello ten 51 parroquias.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
Gracias por los reportajes y estas hermosas fotografías de galicia, algunas tienen un
ResponderEliminarcolor fantástico.
Moitas gracias.
Eliminar