sábado, 27 de julio de 2013

PETO DE EIDOS - REDONDELA

PETO DE ÁNIMAS DE EIDOS
CEMENTERIO DE EIDOS 
REDONDELA

     O retablo é de pedra. Mostra unha imaxe de Cristo crucificado  sobre varias ánimas. Arriba do retablo pódese ler a seguinte inscrición: “UNA LAGRIMA POR UN MUERTO SE EVAPORA UNA FLOR SOBRE SU TUMBA SE MARCHITA UNA ORACION POR SU ALMA LA RECOJE EL SEÑOR”.

 


     O nome deste peto ven do sitio onde se atopa o muro de cimiterio de Eidos.



      O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.




     Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo.





     Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.




     Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome. Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...".




     Tamén se invita a recordar os nosos antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos". 



     E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogad por nos, Señor, y socorrednos con vuestros sufragios que nos pidiremos por vos".


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

1 comentario:

  1. Pues hay que ser animal para colocar el farol encima de la inscripción. He pasado por ahí muchas veces y eso no estaba así, se podía leer perfectamente. Creo recordar que lo que había antes era una bombilla medio suelta o quizá nada, porque de noche no pasaba por allí nadie. En fin, vaya forma de destrozar el patrimonio! Un saludo

    ResponderEliminar

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901