domingo, 14 de julio de 2013

IGREXA DE SANTO TOMÉ - MEIS

IGREXA DE SAN TOMÉ 
NOGUEIRA
MEIS 
PONTEVEDRA 
NOITE



     Meis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, no ano 2009 tiña 5.002 habitantes. O seu xentilicio é Meisiños - Meisense.



     Limita ao norte con Vilanova de Arousa e Portas, ao leste con Barro e Pontevedra, ao sur con Poio e Meaño, e ao oeste con Ribadumia.



     Existen restos da cultura castrexa no monte Castrove, no que tamén se sitúan os petróglifos de Outeiro de Cribo.





     O mosteiro da Armenteira foi fundado no século XII, e a igrexa do recinto foi reconstruída entre os séculos XVI e XVIII. A capela de Santa María de Nogueira pertenceu a un antigo mosteiro. 

     
     As igrexas de San Martiño de Meis e San Salvador son do século XII. A igrexa de Paradela conserva a ábsida románica. O templo de Santo Tomé de Nogueira ten frescos do século XVI. A igrexa de Nogueira ten un retablo de pedra.




     Ademais de tres pazos situados na parroquia de Paradela: o pazo de Señoráns, o pazo de Pompeán e o de Quintáns, destacan os antigos muíños fluviais, destacando o conxunto de Arcos.

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901