lunes, 22 de julio de 2013

A SARIÑA - CHANTADA - LUGO

A SARIÑA
CHANTADA
LUGO


     Chantada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Chantada e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE no ano 2012 tiña 8.783 habitantes (8.897 no 2011,8.951 no 2010,9.249 no 2006, 9.366 no 2005, 9.463 no 2004, 9.650 no 2003). O seu xentilicio é «chantadino».


A SARIÑA
     San Vicente da Sariña é unha parroquia do concello de Chantada, situada preto da ribeira do río Miño, a 2 km da ponte de Portotide, e a 6 km da vila de Chantada. No ano 2011 tiña 44 habitantes distribuídos en 1,14 km², segundo datos do INE e do IGE, deles 22 eran homes e 22 eran mulleres.

Economía
     As principais actividades desta parroquia baséanse na explotación dos recursos naturais propios desta terra; así, os seus habitantes dedicáronse dende sempre á venda de produtos naturais como os tomates, patacas, froita de tempada, etc, nas feiras e mercados máis próximos e coñecidos, como son os de Chantada e Escairón, aínda que tamén existe actividade gandeira e sobre todo vitivinícola, debido en gran parte á cultura do viño promovida pola proximidade da coñecida Ribeira Sacra lucense.



     Pódese apreciar certa actividade artesá, pois era a xente da parroquia quen facía coas súas propias mans as cestas para a recollida das uvas na vendima ou as olas de vimbio.


Patrimonio
     A pesar de se tratar dunha pequena parroquia, destaca a súa fermosa igrexa, coñecida como Igrexa de Santa María da Sariña. Construída na primeira metade do século XVIII, presenta planta e ábsida rectangulares. Os muros son de cantaría de granito e a cuberta a dúas augas. 

 

     A fachada, que se remata cunha espadana de dous vans, responde a características barrocas, cun frontón partido pola espadana e un gran óculo central. No lado norte atopamos un altar exterior pegado ó muro, cunha imaxe da Virxe sobre un podium, todo isto en pedra. Dentro impresiona o maxestoso altar que a domina. 


     Esta igrexa xurdiu en principio como unha ermida de peregrinación. Era coñecida ata hai ven pouco a romaría do día 9 de setembro, que actualmente vai a menos a pesar dos esforzos dos escasos párrocos para atender as numerosas parroquias da zona.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901