domingo, 7 de julio de 2013

PAZO DO COTÓN - NEGREIRA

PAZO DE COTÓN
NEGREIRA
A CORUÑA


     Este pazo ofrece moita dificultade á hora de precisar as súas raíces medievais, debido ós numerosos engadidos dos últimos trescentos anos. Amosa unha ducia de pedras armeiras que nos recordan ós Mariño de Lobeira, Luaces, −os seus donos doutrora−, Saavedra, Figueroa, Bermúdez de Castro e Trastámara e aínda hoxe conserva a aparencia de pequena cidadela ameada. 


      O pazo de Cotón atravesa o que hoxe é a carreira de San Mauro, antigo Camiño Real, cunha tripla arcada con salóns de paso á capela palaciana. No centro do edificio hai corpos ligados ás torres cilíndricas nos ángulos, obra dos séculos XVIII e XIX. 


     Aínda do XX son algunhas partes, como a galería e algúns cuartos. No corpo central hai unha escaleira do barroco de placas, de acceso á planta superior, conectando coa chamada Galería de Pedra, sobre piares de placas e que enlaza cun paseo-solaina de grandes piares en forma de floreiros e muro ameado, que fan abrollar ese aire de fortaleza medieval. 



      O recinto relixioso, que nos evoca a lenda dos santos Amaro e Ero, foi construído no século XVIII, con estrutura de tres naves, separadas por esveltos piares de placas. Foi bendicido e inaugurado no ano 1860. Loce un retablo neogótico dos anos da Postguerra Civil (1940). 


     Garda coma imaxes máis antigas as de San Amaro e Santa Lucía. Do Santo Amaro consérvase dúas tallas; barroca a do retablo e neoclásica a de vestir. O Frade Bieito con hábito negro, que porta un libro da regra monástica e o báculo abacial. A Santa Lucia, virxe e mártir, esculpida hai trescentos anos mide só 40 cms. É adolescente, de longa melena entrenzada. Leva palma e prato redondo onde pousan dous ollos que nos miran. Cóbrea dúas túnicas e o seu rostro despide serenidade. 



      No Cotón creárase tamén unha cofraría para a honra da Virxe do Carme no 1740. Tivo capela de seu nas inmediacións da actual rúa do Carme, mais agora non existe. Só queda unha imaxe de estilo ecléctico e naturalista nesta capela do pazo, compartindo espazo e cronoloxía do XX con tallas do Corazón de Xesús, San Xoán Bautista, San Antonio de Padua e San Xosé. 
 
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901