sábado, 27 de julio de 2013

PETO DE ANIMAS DO SALVADOR - POIO

PETO DE SAN SALVADOR
SAN SALVADOR
POIO


SITUACIÓN:
     En San Salvador de Poio, na estrada CN-550 que vai de Pontevedra a Sanxenxo, na entrada do restaurante Casa Solla, nunha encrucillada.


CARACTERÍSTICAS:

     Peto de ánimas grande, con barrote e dividido en dúas partes.
 

     Na parte está Deus bendicindo coa man dereita, na esquerda, leva un caxato (Símbolo do poder). 



     Acompáñase de dous anxos. Por detrás hai un un triángulo, símbolo de Deus.
 


     Na parte baixa vese unha figura que é un bispo con 4 ánimas entre as lapas. Leva gravada na pedra a seguinte lenda:
     Acordaos hermanos de las benditas ánimas del purgatorio.


     Detrá do peto, case pegado, hai un cruceiro co varal octogonal e un Cristo debaixo dun INRI. A parte traseira recolle a Santísima Virxe con Cristo morto nos brazos




ANO DE CONSTRUCCIÓN E LENDAS:
     Lese con claridade: "HÍZOSE ESTA OBRA A ESPENSAS DEL CURA D. FRANCISCO MOS. AÑO 1861"




      O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.




     Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo.



     Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.




     Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome. Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...".



     Tamén se invita a recordar os nosos antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos". 


 

     E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogad por nos, Señor, y socorrednos con vuestros sufragios que nos pidiremos por vos".


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901