sábado, 13 de julio de 2013

PETROGLIFO LAXE DE RODAS

PETROGLIFO LAXE DE RODAS
LARIÑO
MUROS


     Recentemente, entre 2006 e 2008, foi obxecto dun amplo estudo mediante un proxecto de investigación e posta en valor auspiciado pola Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago, o Concello de Muros e a Comunidade de Montes de Louro. Nestes traballos empregáronse técnicas de estudio que incluían calcos, frotados, diversas técnicas fotográficas e informáticas, limpeza do conxunto gravado e posta a punto do entorno.



     Os gravados localízanse no remate unha pequena chaira e preto dun regato de maneira que teñen un amplo dominio visual sobre a contorna. Os motivos principais son dúas grandes espirais que xiran en sentido contrario, rodeadas de 65 coviñas. 



     Foron interpretados como un sistema de medición do tempo baseado nos ciclos solares e luares. Tamén aparece unha escena de equitación interpretada por algún autor coma un xinete que arrastra o carro do sol e que apoiaría a hipótese do calendario.


Situación da estación
     ( 42°46’7.89″N  9° 4’42.35″O )




O Calendario de Laxe das Rodas
     Ó redor ás dúas espirais existen 65 coviñas. Se dividimos 65 entre 5 obtemos a cifra de 13 coviñas, é decir, 13 meses cada ano para un total de 5 anos.



     Cada mes polo tanto entendemos que se representaba cunha coviña, que representaba probablemente a lúa chea. Xa que cada ano tiña 13 meses debemos entender que eran meses de 28 días (o mes sinódico luar dura 29 días, 12 horas e 44 minutos) porque 28 x 13 = 364 días, cifra realmente sorprendente pola precisión deste calendario (lembremos que a Terra invirte 365 días e 6 horas en describir a súa órbita ó redor do Sol). Un deses meses, o nº 13 é evidentemente ficticio para aproximar o calendario luar ó solar, porque o cómputo das doce lúas cheas que hai cada ano e que son as que realmente podían observar dáballes soamente un total de 336 días (28 x 12), que ó engadirlles un mes máis de 28 días (o mes nº 13) resultan 364 días. Para levar unha relación da necesidade de este embolismo graváronse 13 coviñas no triángulo central que se observa entre as dúas espirais. Para efectuar o cálculo do tempo procederíase da seguinte maneira:



    Observábase o solsticio de inverno por calquera dos procedementos habituais (menhires, sombras, aparición de estrelas…).



    Cada lúa chea marcábase colocando unha pedriña ou outro obxecto na coviña correspondente e outra máis no triángulo das 13 coviñas. Empezábase o cálculo dos meses colocando a 1ª pedra na coviña nº 1. É dicir, comezábase pola esquerda no sentido do desenvolvento da espiral maior que se inicia en decembro. Ó chegar á coviña nº 12 pasaran 12 lúas, pero o ano aínda non rematara, polo que habería que esperar ó solticio e engadirlle un mes máis de 28 días. Probablemente este mes ficticio engadíase antes da fin do ano, posiblemente na prima-vera ou na época da recolección para adecuar así os cambios que se observaban na natureza co tempo real astronómico que lle correspondía á estación.



    As espirais eran empregadas simbólicamente para representar o movemento do sol e o paso dunha época a outra: crecemento-decrecemento solar e, polo tanto, os solsticios.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901