lunes, 29 de julio de 2013

PETO DO CRISTO DA AGONIA - SOUTOMAIOR

PETO DO CRISTO DA AGONIA
ALXÁN 
SOUTOMAIOR
     
       Peto de ánimas de tipo cerrado en forma de capela con porta de ferro e coroado por pináculos. No seu interior atopamos un Cristo de grandes dimensións, policromado, que responde ao nome de Santo Cristo da agonía. Aparece enmarcado entre dúas columnas rematadas en pináculos. 


     É de pedra policromada e o retablo das ánimas atópase por debaixo del, presidido por San Francisco quen tende as mans cara a dúas ánimas pecadoras. Aos lados dispóñense dous anxos dos que tan so se representan as alas e as cabezas.
 

      Segundo conta unha persoa do lugar, antigamente os cadaleitos eran levados a ombros polo camiño vello ata este peto e logo volvían.




      O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.



     Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo.




     Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.



     Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome. Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...".



     Tamén se invita a recordar os nosos antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos".



     E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogad por nos, Señor, y socorrednos con vuestros sufragios que nos pidiremos por vos".


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube






XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901