martes, 2 de julio de 2013

CABECEIRAS HORREOS DE O BORNALLE

CABECEIRAS HORREOS DE O VILAR 
BORNALLE 
MUROS

Concello:
     Muros 

Lugar:
     Bornalle

Cronoloxía: 
     Idade Moderna (XVI-XVIII) , Século XIX .



Descrición:
     Posiblemente estes hórreos ou cabaceiras destituían a outros anteriores que non curaban ben o millo, isto podémolo ver na pouca destreza coa que se traballan,na maior parte deles os pés son troncoidais é as doelas teñen os ventos invertidos signo de reaproveitamento das pedras. 



     Os máis carecen de remates e levántanse sobre soleiras macizas tendo como finalidade dotalos de unha mellor aireación por vérense afogados polas construcións circundantes. 



      Todos eles varían en número de pés sendo de tres pares de pés os máis pequenos e de seis os máis grandes, o que nos indica a súa capacidade e polo tanto a importancia económica dos donos. As cubertas realízanse a dúas augas con tella do país ou francesa.

 



Cabaceiras

     Nos arredores de Muros hai ducias de cabaceiras , estas que poño aquí son da parroquia de Bornalle.
 



     Case ningunha delas realiza as funcións para o que foron concibidas, pero a gran maioría están en aceptable estado de conservación.

 



     Os canteiros dos arredores que as fixeron , tiñan un canon estético e arquitectónico peculiar e moi ben definido.
 



     A base do hórreo fórmana a soleira, os soportes e os tornarratos.





     A soleira é a cimentación do hórreo; adoita ser de cantería, e será máis sólido se o hórreo é de pedra. 






     Faise moi imprescindible en zonas de pendente, para nivelalo, ou en terreos de mala calidade.





      Tamén pode facer de soleira os muros de peche dunha leira.





      Os soportes cumpren coa función de separar a cámara do chan para illar o gran da humidade.





      As columnas ou pés dereitos, reciben o nome de esteos. 




     Os esteos dispóñense en parellas á mesma distancia, cunha altura de 80 a 150 cm. e en número variable de catro para arriba. 





     Hainos cilíndricos, de base rectangular, cadrada ou octogonal, nas súas esquinas poden ser vivas, cortadas ou redondeadas..



     Os tornarratos son pezas de base circular as mais das veces ou cadrada que evitan o acceso dos roedores á cámara e facilitan o seu asentamento nos soporte.   Miden de 50 a 60 cm. de diámetro e 10 ou 15 de altura. A cara superior pode adoptar forma plana ou convexa, a inferior é lisa e pulida. Ás veces unha lousa transversal ou mesa une cada par de soportes.

 



     A cámara ten unha altura superior á da base e aséntase sobre os tornarratos, e as súas características varían moito segundo a comarca. Susténtase en catro vigas ou grades sobre as que repousa o piso da cámara, que pode ser de madeira ou pedra, e catro columnas rectangulares, normalmente en igual número que os esteos. 
 



     Pechan o conxunto os linteis e o tellado.É de destacar tamén os pinches, pezas triangulares que poden levar decoración ou inscricións, nas paredes curtas ou penais ( as longas son as costais).
 



     Como elementos decorativos soen ter en cada un dos seus cumios cruces ou pináculos de pedra.




     Dicía a xente maior que as cruces eran para facer recuar o diaños que podía estragar o millo e mailas balocas e os pináculos de pedra , eras para que o demo se pinchase o recuar da cruz.




     De feito nos arredores case todas as cabaceiras teñen ambolos dous elementos decorativos


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901