miércoles, 22 de marzo de 2017

BARRO FASHION SOLIDARIO 2017 - BARRO

 BARRO FASHION SOLIDARIO 2017
PAZO DA CREGA
BARRO


      Pódese cualificar de éxito a Barrofashion que se converteu nuns poucos anos de vida nun refente na comarca.


     Nesta ocasión unha hora antes do desfile xa se encheu o recinto do Pazo dá Grega, o que impidio a moita xente poder asisitir, aínda así participaron coas súas achegas nesta gala solidaria.



     Felicitar á Asociación Cultural de amigos da fervenza dá Barosa polo traballo realizado, que estivo á altura dos eventos importantes que se realizan nas grandes cidades.

 

     Deixamos algunhas fotos dos momentos vividos durante a gala


BarroFashion Solidario - 2017
      O desfile BarroFashion Solidario pechou o 5º Nadal Solidario en Barro que  foi organizado pola A.C. Amigos da Fervenza da Barosa



       Nesta 5ª edición "Nadal Solidario en Barro"  pretendeu recoller e superar os máis de 500 kg do ano pasado.



    Establecéronse 9 puntos de recollida en total, situados en tódalas parroquias do concello, en distintos lugares, como centros públicos, locais comerciais ou hosteleiros.



    Colaboron na actividade como patrocinadores Copyline, Envialia-Transpobedasa, Adega Moraima, Supermercado DIA e Supermercado San Antoniño.



  Colaborou tamén na actividade locais, entidades públicas e privadas, locais comerciais, locais hosteleiros que figuran como puntos de recollida.



    O día 28 de Xaneiro de 2017 pechouse esta acción solidaria cun desfile benéfico donde se  recolleron alimentos como cacao, azucre ou aceite.



     A Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa" de Barro, organizou un novo "Nadal Solidario en Barro" na súa 5ª edición ,que é unha Campaña de Recollida de Alimentos Non perecedeiros para familias de Barro.



     Esta campaña desenrolouse durante todo o Nadal ata despois da festividade de Reis, en Xaneiro de 2017, e pretende recoller a colaboración dos veciños de Barro coas persoas máis necesitadas do noso Concello.



     Dende a AC Fervenza da Barosa invitouse  a outras entidades públicas ou privadas para facilitar dita recollida e acadar o máximo número de kilos de alimentos, coa pretensión de superar os máis de 500 kg recollidos o ano pasado.



     Para unha maior eficiencia na recollida dúas persoas da directiva actuaron como Coordinadores da mesma, participando o resto da directiva da AC e os socios.



     Tódolos alimentos recollidos foron entregados aos Servizos Sociais do Concello de Barro, para que dentro do seu programa de reparto de alimentos llo fagan chegar de maneira anónima a quen corresponde.



     Dende a Asociación agradeceron a resposta das xentes un ano mais, e esperan volver a repetir o próximo ano.



     A resposta de publico o desfile foi moi importante e consolidase xa como un referente na comarca e agradecen a todos los colaboradores súa axuda que fai posible o evento.



Participarón no evento
   LD
   KUKUBARA
   THALITA DUMONT
   TRASNIÑOS
   ESPAZO BELO
   MY Moon
   CAELUN MC
   MH
   MI VESTIDOR AZUL
   ISA NAILS
   D´NOA
   MATILDA WISH
   ESCUELA TÉCNICA DE JOYERIA DEL ATLÁNTICO
   UNIVERSE DISCO MOVIL
   ESTEFANIA CARRERA
   AS VAGALUMES



Pazo da Crega   
      No nucleo urbano de Barro atópase o Pazo dá Crega, tamén coñecido como Pazo de San Antoniño.



     Destaca pola súa cheminea almenada e e neste momento loce todo o seu explendor despues da posta en valor dos ultimos anos.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901