MERCADO DE ABASTOS
LALIN
Mercado de Abastos de Lalín
Aproveitando a nosa visita en Lalín con motivo de formar parte do xurado do certamen gastronómico Bocadiños do Cocido, e dado que un dos locais participantes no evento estaba no mercado de abastos, non puidemos resisitirnos a visitar o mercado e aínda que era unha hora tardia e baixara o número dos clientes do mercado si puidemos comprobar a calidade dos produtos que alí se venden e da amabilidad das persoas que atenden os postos.
Lalín
Lalín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. O municipio ten unha poboación de 20 158 habitantes (2014)[ e divídese entre o núcleo urbano, onde viven máis de 10 000 persoas, e as 52 parroquias do rural. Lalín é a capital e a vila principal da súa comarca e o noveno concello máis poboado da provincia, despois da Estrada.
O concello posúe unha densidade de poboación de 63,85 hab./km², e unha superficie de 326,8 km², o que o converte no concello máis grande de Pontevedra e o cuarto de Galicia.
O concello de Lalín atópase no nordeste da provincia de Pontevedra; fai fronteira co concellos de Silleda e Vila de Cruces polo noroeste, con Forcarei polo oeste, con Agolada e Rodeiro polo nordeste, con Dozón polo suroeste e co Irixo polo sur, todos eles pertencentes á comarca pontevedresa do Deza agás O Irixo que pertence á provincia de Ourense.
Demografía
Censo Total
20.005 (2015)
Historia
En tempos prehistóricos, xa estiveran poboadas estas terras. Así o testemuñan os castros de Donramiro e Goiás, a pouca distancia de Lalín, e mesmo o castro que algúns historiadores sitúan no lugar que hoxe ocupa o parque do aviador Loriga, sobre o que na época sueva se construíu unha torre-fortaleza. Precisamente ao abeiro desta fortaleza medieval xurdiu o casal da Torre, que con outros casais illados formou o primitivo núcleo urbano de Lalín no século XIX. Torre-fortaleza que logo pasaría aos Suárez de Deza-Churruchao, e nos últimos tempos, antes da súa destrución, ao Conde de Lemos. Derrubado en 1846, só quedou en pé ata os primeiros anos deste século a torre da homenaxe, á beira da que se erguía un vello carballo chamado "da manteiga". A finais do XVIII, o lugar da Torre estaba formado por sete casas, nas que se daba comida e aloxamento a moitos feirantes, que concorrían ás dúas feiras mensuais, e aos viaxeiros que transitaban de Ourense a Santiago, e de Lugo a Pontevedra.
En Lalín editáronse os periódicos La Defensa (1905-1909), La Lucha (1916-1918), Verdad y Justicia (1922-1924) e Razón (1933-1934).
A vila de Lalín, formada xa polos casais da Torre, Barrio de Abaixo, Tirabeque, Cacharela, Pontillón e outros, contaba en 1930 con pouco máis de trescentos veciños. Virían logo os anos do desenvolvemento e do progreso, ata converterse nos nosos días na vila máis importante da Galicia Central.
Toponimia
O nome de Lalín vén de "Lalino", un colono do Conde de Deza que tivo ao seu cargo as terras nas que, anos máis tarde (980), se erixiu o mosteiro de San Martiño de Lalín de Arriba.
Patrimonio natural
O concello salienta pola súa paisaxe de pastos e fragas. Cómpre destacar a fraga de Catasós, carballeira declarada monumento natural en 2000 na parroquia de Catasós.
Economía
Nas cifras de 1996, predominaba o sector primario cun 38% da poboación ocupada. A construción daba emprego a un 13% da poboación ocupada. O sector secundario posuía o seu peso supoñendo un 18%. O sector servizos tiña importancia co 31% dos activos.
Os datos do ano 2001 amosan unha redución importante do sector primario, pasando dun 38% a un 27%. Porén, a construción aumenta un punto ata chegar ao 14%, igual que o sector industrial cun 19%.
O crecemento máis salientábel encabézao o sector servizos cun 40%, presentando unha serie de servizos tanto públicos como privados (comercio, sanidade, educación, xustiza etc.).
Dirección:
Rúa Rosalía de Castro, 20, 36500 Lalín.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901