martes, 28 de marzo de 2017

MUIÑO DE CUIÑAS - PRADO - LALÍN

 MUIÑO DE CUIÑAS
RÍO SANTA LUCÍA
PRADO
LALÍN


Muiño de Cuiñas
   O muíño de Cuíñas (en realidade o Muíño era do seu avó que era o Muiñeiro, José Cuíñas e os seus irmáns  rehabilitárono) é o mellor muíño que coñezo actualmente en Galicia. 


     Está situado no río de Sta. Lucía, un afluente do río Deza na parroquia de Prado, en Lalín. O muíño aparte de ser realmente grande,  nunha sala reune si non me equivoco 7 moas completas,  está moi mecanizado e ten moitas axudas de tipo eléctrico. É impresionante, o entrar en el parece un retroceder no tempo..

     O muíño primitivo tiña tres moas, hoxe ten sete.



     O muíño é privado. O seus propietarios son os netos do antiguo muiñeiro.


     O muíño foi construido según reza esta placa en 1918 por Luis Cuiña "O Muiñeiro". Na segunda placa aparecen os fillos de Luis: José, Eladio e Ramón que lle dedican esa placa o seu pai. Na outra placas os netos, dos que José Cuíña era un deles.



Prado
      San Martiño de Prado é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín.



     Segundo o IGE en 2009 tiña 256 habitantes (129 mulleres e 127 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 316 habitantes.



     A parroquia eclesiasticamente pertence á diocese de Lugo.



Economía
      Prado, ao estar situado no centro xeográfico galego, é un punto de confluencia importante. A estrada N-525 transcorre ao longo da parroquia. Conta tamén con farmacia, carnicerías e algunhas industrias.



Historia
     En Prado celebrábase unha feira mensual os días 13 de cada mes, que lle proporcionaba unha activa vida comercial. Nesta parroquia naceu o político Xosé Cuíña.



Patrimonio

    Ponte Taboada.
    Pazo de Liñares, onde naceu o aviador Xoaquín Loriga.



    A igrexa parroquial é de corte neoclásico, posúe unha única nave con ábsida rectangular. Na fachada destaca a liña de cornixa que a divide en dúas partes, coróase co campanario de dobre arco rematado con pináculos.



    Capela da Santa Lucía, unha ermida de pedra na que destaca o campanario dun único arco rematado cun Agnus Dei, baixo o cal hai un nicho. Nela celébrase unha famosa romaría.



    Parque de Prado, cun monumento ao aviador Xoaquín Loriga.



Educación e cultura
      En Prado está situado o Colexio Público de Educación Infantil e Primaria Xoaquín Loriga. Hai ademais un pavillón deportivo que é basicamente de uso escolar do colexio.



     En novembro de 2009, refundouse a antiga banda de música, A Lira de Prado (como presidente Antonio Costa) que dende entón comezou a percorrer distintos puntos da comarca do Deza, así como lugares incluso fóra de Galicia.



Festas
    Último domingo de maio - Fillas de María: Primeiras Comuñóns.
    11 de xullo - San Bieito.
    15 e 16 de setembro - Festas Patronais na honra da Virxe das Dores.
    11 de novembro - San Martiño.



Lugares de Prado
     O Alto da Pena, A Borralla, A Carballeira, A Eirexe, Liñares, Outeiro, Padruxao


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Río Galegos
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901