domingo, 26 de marzo de 2017

IGREXA DE SAN ESTEVO - CASTELANS - COVELO

IGREXA DE SAN ESTEVO
CASTELANS
COVELO


 Casteláns
     Santo Estevo de Casteláns é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta. 



     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 230 habitantes (116 homes e 114 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 288 habitantes.



    Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 176 habitantes, sendo 94 homes e 82 mulleres.



Información
     A parroquia de Casteláns atópase no límite do concello de Covelo co de Mondariz e ten unha extensión de 7,5 quilómetros cadrados. 
 

     Cunha gran probabilidade Casteláns foi na antigüidade un lugar onde habitaron escribáns e persoas de leis. 


     En varias casas grandes da parroquia consérvanse aínda escudos heráldicos que posúen un gran interese.


     As súas terras son fértiles por mor dunha menor altitude e recollen un viño afrutado e saboroso. Tamén o año e o cocido son dous pratos propios do lugar.


     No barrio de Lourido emítense unhas augas sulfurosas que teñen fama en todo o concello e que sandan unha morea de enfermidades.


Patrimonio
     Consérvanse restos dunha igrexa románica de finais do século XII, do que foi mosteiro de Santo Estevo de Casteláns, de monxas beneditinas. O único que fica desta construción é a súa ábsida, de cuarto de esfera sobre nervios procedentes de columnas pequerrechas. 



     Nos vans da ábsida, áchanse pequenas xanelas de arquivolta semicircular apoiada en columnas por dentro e por fóra. Tamén posúe canzorros e os arcos interiores dalgunha fiestra son de ferradura de influencia mozárabe. Estes restos poden visitarse en Mondariz Balneario, onde foron trasladados a principios do século XX.


Lugares de Casteláns
     A Arroteña, As Barreiriñas, Campelo, A Cancela Grande, A Carrexa, As Casanianas, Casteláns, O Ceo, A Costa, O Coto, A Doadiña,  A Fonte, Lourido, A Pena, As Pereiras, O Pío, A Sequeira, Sobreira


Comarca da Paradanta
Concellos  
     Arbo, A Cañiza, Covelo e Crecente


     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. 


     A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. 



     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado.


     Ocupa unha extensión de 333,3 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 13.226 habitantes no ano 2014.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901