miércoles, 1 de marzo de 2017

IGREXA DE SAN SADURNIÑO - AMOEDO

 IGREXA DE SAN SADURNIÑO
AMOEDO
PAZOS DE BORBÉN


Amoedo
     San Sadurniño de Amoedo é unha parroquia que se localiza no concello de Pazos de Borbén. Segundo o INE en 2010 tiña 545 habitantes (281 mulleres e 264 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 585 habitantes.



Lugares de Amoedo
      O Cabalo, O Carballiño, A Igrexa, Lamasusán, As Penas



Pazos de Borbén
     Pazos de Borbén é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á Comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 3.075 habitantes. O seu xentilicio é «pacense».



 

Xeografía
     O concello, de 50 km², abrangue oito parroquias e limita cos concellos de Redondela, Fornelos de Montes, Soutomaior, Mondariz, Ponteareas e Mos.


     As augas do concello dan a tres concas: cara ao norte os ríos Barragán e Pequeno van dar ao Oitavén.


     Cara ao sur os ríos Borbén e Louro desembocan no río Miño. Cara ao oeste, o río Alvedosa desemboca en Redondela.



     O monte Galleiro (670 m) é o cumio máis elevado. Outros picos son o monte da Serra (616 m), A Pedra Quitiña (532 m) e o Outeiro do Mar (475 m).


Historia
     Durante o século XX houbo unha forte emigración cara a Sudamérica, especialmente a Brasil.



Economía
     Até a década de 1970 a economía do concello era basicamente de subsistencia, baseada na agricultura e a gandería.



     Actualmente moita xente desprázase cara a Vigo, Redondela e Pontevedra, onde están as áreas industriais ou traballando no sector dos servizos.



      O Polígono Industrial A Chan de Amoedo acolle empresas de alimentación, artes gráficas, fabricación de colchones e construción.


Parroquias de Pazos de Borbén    
     Amoedo (San Sadurniño), Borbén (Santiago), Cepeda (San Pedro), A Ermida (Nosa Señora da Anunciación), Moscoso (San Paio), Nespereira (San Martiño), Pazos (Santa María), Xunqueiras (San Salvador)



MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901