miércoles, 1 de marzo de 2017

MUIÑO DA GARREA - ARANZA - RÍO OITAVÉN -

MUIÑO DE ARANZA
RÍO OITAVÉN
ARANZA
SOUTOMAIOR


   Soutomaior
     Soutomaior é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo.



     Segundo o INE, no ano 2014 tiña 7.356 habitantes. O seu xentilicio  é «soutomaiorense».



Poboación
     Censo Total
     7.356 (2014)



Xeografía
     Soutomaior localízase entre a serra do Suído e a ría de Vigo, atravesado polo río Oitavén. Este entra no concello encaixado até unirse co río Verdugo en Ponte da Barca, no Salto do Inferno, e logo os dous xuntos desembocan na enseada de San Simón.



     O clima é oceánico, húmido na costa e de montaña no interior. Chove bastante (1.500 mm.), se ben non venta demasiado, co que a temperatura media no verán non supera os 20 °C e a do inverno non baixa dos 10 °C.



Economía
     Aínda que mantén un carácter rural, a proximidade de Vigo provoca que o sector primario roce só o 10 % da poboación activa e diminúa rapidamente. Do mar extráense ameixas, berberechos e ostras.



     Tamén diminúe o sector secundario (35 % da poboación), que mostra dependencia de desprazamentos diarios a Pontevedra e Vigo.



     A metade da poboación dedicada ao sector terciario faino no comercio minorista, empresas de transportes e restaurantes.



Historia
     A historia do territorio durante a Idade Media xira en volta do castelo de Soutomaior e da familia que o fundou, especialmente Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga), que se enfrontou aos irmandiños e loitou na guerra dinástica que precedeu o reinado dos Reis Católicos.



Patrimonio
     O castelo de Soutomaior, no monte Viso, foi construído no século XII e transformouse no XV nunha fortaleza medieval parcialmente destruída durante a revolta irmandiña.



     No monte da Peneda houbo un castro, do que se conservan restos de tres vivendas e a muralla. Na idade media construíuse alí a fortaleza de Castrizán, derrubada en 1478 durante a Gran Guerra Irmandiña.



     Posteriormente construíuse o santuario da Virxe das Neves, tamén chamada capela da Peneda. Nela celébranse dúas romarías anuais: o luns de pascua e o 5 de agosto.



     En Aranza atópase o santuario da Virxe da Peña de Francia, construído en 1788.



     A igrexa de Santiago de Arcade é románica e conserva unha interesante portada e capiteis.



     Na parroquia de Arcade hai 8 cruceiros (adro parroquial, O Calvario, rúa Leiras, rúa Valmonte, Negueirós, rúa do Calacual, capela da Peneda e Cimadevila) e 2 petos de ánimas (A Cacharela e A Devesa).



     Na parroquia de Soutomaior hai 6 cruceiros (adro, cemiterio, As Laxes, Moreira, santuario da Virxe da Pena de Francia e Cortellas), 7 cruces, un peto de ánimas e un esmoleiro.



Río Oitavén
     O Oitavén é un pequeno río galego da provincia de Pontevedra que, tras confluír co río Verdugo, contribúe á ría de Vigo.



Percorrido
     O Oitavén é un pequeno río galego da provincia de Pontevedra que, tras confluír co río Verdugo, contribúe á ría de Vigo.



Percorrido
     O Oitavén nace na serra do Suído, dentro do concello da Lama, a preto de 800 m. de altura, desenvolvendo un percorrido moi encaixado, de vales en V, de 32 km. até a súa desembocadura na beira dereita do Verdugo, en Ponte da Barca, no concello de Soutomaior. Atravesa os concellos da Lama, Ponte Caldelas, Fornelos de Montes, delimita en parte estes dous últimos municipios, e finalmente no de Soutomaior.



     A importancia hídrica do Oitavén estriba no seu superior caudal de 10,5 m³/s (o Verdugo subministra na foz 17 m³/s), de xeito que, ás veces, se fala do sistema Verdugo - Oitavén (o curso común de ambos, en tal caso, atinxe 7 km.).


Afluentes e conca
     A conca do Oitavén é disimétrica, por ter próxima, á súa man dereita, a do Verdugo, de xeito que os seus afluentes principais recíbeos pola beira esquerda: o río da Xesta, o Ventín e o Barragán.



     O tamaño total da conca do Oitavén é de 177,7 km² (o do sistema conxunto co Verdugo é de 357 km²).

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901