PONTE CABALÓN
RÍO UMA
ANGOARES
PONTEAREAS
Poboación
486 hab. (2013)
San Pedro de Angoares é unha parroquia que se localiza no concello pontevedres de Ponteareas na comarca do Condado.
Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 486 habitantes (262 mulleres e 224 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un lixeiro aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 482 habitantes.
Patrimonio histórico artístico
A igrexa de San Pedro de Angoares é do século XII.
A súa orixe hai que buscala nun mosteiro visigodo situado sobre unha vila romana, séculos máis tarde construiríase a igrexa románica.
Ten planta de cruz latina e testeiro recto, destacando os seus capiteis e a magna colección de canzorros antropomorfos e zoomorfos.
Algúns dos personaxes esculpíronse sentados coas mans suxeitando a súa cabeza, como se estivesen meditando. A antiga fachada románica desapareceu logo dunha reforma feita no ano 1900.
Pola parroquia de Angoares pasa o río Tea e o seu afluente o río Uma. Neste último, no lugar de Cabalón, existe unha ponte medieval xunto á cal mana un manancial que, segundo din, é similar á auga que agroma na vila de Mondariz.
Pódese pasear pola súa ribeira apreciando e admirando a vexetación e fauna típica de bosque de ribeira.
Persoeiros
De aquí é nativo o escritor Alfonso Pexegueiro, que adicou á súa parroquia natal o libro Seraogna.
Lugares da parroquia de Angoares
A Abelleira, O Cabalón, O Carballal, Picón, As Searas, A Valboa
Comarca do Condado
A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas.
A cal pertencen a ela os concellos Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas
e Salvaterra de Miño.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901