EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
"OFICIOS E FERRAMENTAS I"
MONFORTE DE LEMOS
LUGO
A mostra da artista e fotógrafa Peruchela, leva o nome de ‘Oficios e Ferramentas I”
Entre os días 02 e 13 de outubro, exhibirase na casa da cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos, a primera mostra fotográfica dos apeiros e ferramentas máis antigos usados na Galicia rural.
A exposición amosa unha pequena investigación sobor dos apeiros usados fai décadas polos nosos ancestros. Peruchela recolle, en espectaculares imaxes, algunhas das ferramentas e usos da Galiza tradicional. Ferramentas e costumes que forman parte do patrimonio tanxible e intanxible do pobo galego, e por extensión común tamén a moitos outros lugares da península.
Os antigos oficios
A exposición farase en duas mostras, dada a extensión e complexidade da mesma. Na primeira mostra, Peruchela indica que exhibirá unha selección conformada por ferramentas de diferentes profesións, ademais dalgunhas pezas antigas moi curiosas.
En total esta primera mostra componse de medio cento de imaxes que mostran ferramentas e apeiros diversos usados polos nosos predecesores.
A artista mostra cada imaxe cunha explicación sobre o uso e utilidades de cada ferramenta ou oficio. Para levar a cabo esta tarea Peruchela contou coa colaboración de tres prestixiosos museos etnográficos, de iniciativa privada: Casa do Patrón en Codeseda, Doade, Lalín (Pontevedra); Xan de Vilar, na parroquia de Vilamor, Lugo; o Museo Etnográfico de Folgoso do Caurel de Urbano Arza Sánchez, tamén en Lugo e na Ferrería de Penacoba, na mesma provincia. Museos, todos eles, onde se conservan e se rexistran os oficios locais máis antigos da nosa rexión.
Colaboran nesta exposición tamén amigos e casas particulares, como comenta a propia fotógrafa. “Agradecementos a Rufino, zapateiro tradicional da comarca; a Paco de Teilán, por ser trasmisor do oficio de seu pai e dar acceso para fotografar as ferramentas deste.
Agradecer tamén a todas esas persoas que manteñen lugares e pezas antigas, xa que gracias a ese traballo de conservación conseguen que na actualidade se podan realizar fotografías, e con elas axudar tamén a ese traballo de conservación do noso patrimonio”, explica Peruchela.
Peruchela, idearia da mostra, señalounos tamén que “non hai que dar por suposto que todo o mundo coñece o pasado recente en vilas e aldeas galegas”. Por este motivo, a artista convida ao público novo a asistir e “saber algo máis do noso pasado”. Asemade, de cara os máis maiores invitaos a analizalos detalles das ferramentas nalgunhas das fotos , “se son tal cal lembran ou se lles suscitan preguntas...”, indica.
Non é soamente a preocupación pola cultura e as tradicións, nin lembrar o que se viviu antes senón é un decatarse de como mudou todo e como a pesar diso a familia rural segue sendo moi tradicional. “Gústanos que nos conten historias do pasado “ engade Peruchela.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Concello de Monforte
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901