IGREXA DE SAN MIGUEL DO MONTE
O MONTE
CHANTADA
LUGO
San Miguel do Monte
Pequena igrexa sita na freguesía do mesmo nome e que conserva partes de extraordinario valor artístico.
A primeira proba documental do templo sitúase no ano de 1240.
Diversos codios do século XIII reflicten a citada parroquia de San Miguel do Monte; nos mesmos recóllense unha serie de vendas de casais por parte de diversos veciños ó Mosteiro de Oseira, abadía á que San Miguel do monte estaba vinculada.
Sobre o titular desta igrexa, argumentar que existen diversos estudios que afirman que o culto a San Miguel foi establecido en Galicia con anterioridade ó século XI.
Deste dato pódese inferir que antes da actual igrexa románica (século XII) existiu no lugar outra de maior antigüidade. A edificación está sita a carón do camiño real que ía de Chantada a terras de Camba, moi preto da serra do Faro.
Tense constancia que da obra románica tan só queda o corpo da nave que posúe teitume de madeira a dúas augas. A peculiaridade desta edificación reside no muro sur da nave. O mesmo presenta unha porta enmarcada por un arco de medio punto con dúas arquivoltas de baquetón.
As columnas que sustentan o mencionado arco son dunha soa orde con capiteis con grifóns e bases ocultas. Todo o conxunto engloba baixo de si unha pequena xoia románica sita no tímpano. O mesmo presenta a dúas figuras tocando cadanseu instrumento musical amais dunha danzarina que baila ó son da música interpretada polos seus acompañantes.
Os canzorros deste muro son todos historiados; algún deles fai referencia a situacións cotiás en ton metafórico, aspecto tamén observable noutras igrexas da comarca.
Deste xeito podemos ollar figuras que representan a fame, a fartura ou a sede. Tamén se pode admirar a outro músico tocando un instrumento. Os canzorros do muro norte son xeométricos exceptuando un que aparece historiado.
Polo demais, sábese que a ábsida que hoxe vemos e posterior no tempo, pensándose que a primitiva tivo tramo rectangular e cabeceira en semicírculo a tenor da configuración actual da capela maior con testeiro semicircular.
Neste templo tamén se localizaron restos de pinturas que parecen estar datadas no século XV. A pía bautismal e dúas de auga bendita que se localizan no interior da edificación, parecen ser da época fundacional da igrexa.
Diversas laudas sepulcrais do atrio poden provir de sepulturas prerrománicas.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Concello de Chantada
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901