lunes, 16 de octubre de 2017

IGREXA DE SAN XOÁN DO SISTO - DOZÓN

 IGREXA DE SAN XOÁN DO SISTO
O SISTO
DOZÓN


O Sisto
     San Xoán do Sisto é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Dozón.



    Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 264 habitantes (134 mulleres e 130 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha gran diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 422 habitantes.


Lugares do Sisto
      Barrio, A Corredoira, A Eirexa, Paredes, Pereiró, Pidre, Quella, Reboredo, Requeixo. Sestos



Dozón
     Dozón é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2015 tiña 1174 habitantes.



Xeografía
      O concello está situado no nordeste da provincia de Pontevedra. Limita ao noroeste con Lalín, ao nordeste con Rodeiro, e ao sur co Irixo e Piñor (provincia de Ourense). Con 75 km², é o municipio máis pequeno da comarca do Deza. Ten 8 parroquias e 54 aldeas, sendo a capital O Castro.



      Está situado nas terras altas do val do río Deza, na vertente Oeste da Dorsal Occidental Galega, nos contrafortes das serras do Faro e dos montes do Testeiro, a altitude media é superior os 740 m. O teito do concello constitúeo a Pena de Francia, de 914 m. Tamén destacan os montes Cubelos (833 m) a Gándara (870 m), estas elevacións forman a divisoria das augas das concas do Miño e do Ulla, e e Coto da Lebre (770 m).


      Neses montes nacen diversos ríos e regatos, que conforman unha extensa rede fluvial. O río Asneiro, tamén chamado Dozón, nace nas proximidades da Pena de Francia. Dá nome á zona, e é popularmente coñecido coma Deza debido a un erro ortográfico na cartografía do século pasado.


Historia
     Nun documento do ano 832 hai unha referencia a Dezón, manténdose este topónimo até o século XIII. En 1226 aparece o topónimo actual, nun documento no que Gonzalo Rodríguez subscribe coma primeiro titular o establecemento do arcediagado de Dozón.



     No termo municipal está establecido o nacemento do lendario rei Vamba[Cómpre referencia]. No século X converteuse en Real Couto de Dozón por iniciativa do rei Sancho I de León e da súa muller, logrando privilexios coma a exención do pago de impostos. O Real Couto foi orixinariamente señorío da abadesa do mosteiro de San Pedro de Dozón, pero máis tarde converteuse en señorío do abade do mosteiro de Oseira, do que aínda se conservan escudos nalgún dos edificios máis senlleiros da bisbarra.


      Durante o reinado de Filipe II, Dozón converteuse en Reguengo.


Patrimonio
     A vila do Castro aséntase sobre un dos moitos castros fundados na idade de Bronce, dos que aínda se conservan numerosas pegadas. Destacan polo seu bo estado de conservación o castro de San Breixo, en Maceiras, e o de Santa María, na parroquia de Dozón.



      Do período da romanización consérvanse súas pontes e restos dunha calzada cara ás terras de Camba.


     A igrexa de San Pedro de Vilanova de Dozón é un templo románico do século XII. A igrexa de Santa María de Dozón ten elementos pertencentes ao barroco. 


     Ademais das outras igrexas parroquiais, están as ermidas de San Domingos en Sanguiñedo, a de Santo Amaro e O Pilar, no Sisto, e a da Virxe da Pena de Francia.


Parroquias de Dozón
      Bidueiros (Santa María), O Castro (San Salvador), Dozón (Santa María), As Maceiras (San Remixio), Saa (Santiago), Sanguiñedo (Santa María), O Sisto (San Xoán), Vilarello (Santo André)



MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901