miércoles, 11 de octubre de 2017

SANTUARIO DE AUGAS SANTAS - PANTÓN

 SANTUARIO DE AUGAS SANTAS
AS AUGAS SANTAS
PANTÓN
LUGO


Santuario de Augas Santas
     Reconstruída no século XX, consérvanse restos románicos e góticos. Presenta unha nave de planta rectangular con cuberta a dúas augas. A fachada ten unha porta enmarcada por un arco de medio punto apuntado apoiado sobre xambas, tímpano con mochetas lisas e xambas decoradas; por riba hai unha ventá de arco redondo con doelas irregulares. 



     Tamén ten outras dúas portas con mochetas ornamentadas. Cabido sobre piares de pedra e aleiro con canzorros que representan a distintas figuras. A sancristía está apegada á ábsida. No interior conserva retábulos de estilo neoclásico con imaxes, salientando a da Virxe de Augas Santas. 


     Sobre un pedestal está a venerada imaxe de Santa Lucía. 


     Afamada romaría no segundo domingo de setembro. Nas inmediación atópase a coñecida como Fonte da Virxe, en mal estado de conseración, á que se lle atribúen propiedades curativas. 


     Tamén, formando parte do basamento dun cruceiro moderno que substituíu a outro máis antigo de madeira, pódense ver unhas rochas con cazoletas asociadas, posiblemente, a un antigo rito precristián relacionado coas augas; arredor delas discorre a procesión.


Pantón
      O concello de Pantón está situado no sur da provincia de Lugo, na denominada Ribeira Sacra Lucense. 



     Os seus límites veñen marcados  polos ríos Miño, Cabe e Sil que a converten na  "Mesopotamia" galega.


     A súa extensión territorial é de 146 quilómetros cadrados, ocupados polas vinteseis parroquias, que suman un total de douscentos vinte núcleos de poboación na que se asentan uns 2.600 habitantes.



     A capitalidade da zona está centrada na vila de O Castro  de Ferreira, que conta cuns 700 habitantes, agrupados en torno á N-120,  a arteria de comunicación da zona, e na Praza do Concello, lugar onde se desenvolve a vida pública e municipal.



Parroquias
Acedre, San Román: 

     A Abelaira, Acedre, As Adegas, Budián, Cima de Vila, O Cotillón, A Oseira, San Román. 
Atán, Santo Estevo: 
     Albarde, Cabo de Vila, Cima de Atán, Freán, Pesqueiras, Prado, Reiriz, Salgueiros, Segade, Seoane, Souto.
Cangas, San Fiz: 

     A Arribada, Guende, A Lama, A Martiñal, O Outeiro, San Fiz, Sernande, Serode.


 
Cangas, Santiago: 
     Aúde, O Barrio, Cangas, Cima de Vila, Güiande, A Oseira, Outeiro, Pacios, A Panfolía ,  O Pontón, A Tapada, Vilar.


Castillón, San Vicente: 

     A Eiroá, O Bargo, A Casanova, Castrotañe, A Cegoñeira, Cobreiro, A Costa, A Ermida, Galegos, O Mato, O Outeiriño, Pacio, Pereiro, Piñeiro, O Reguengo, Remesar, San Lorenzo, San Vicente, A Serpentiña, A  Vila, Viñás, Virís, A Xesteira.


Castillon, Santiago: 

     Armental, O Barrio, Casdomato, Casgoiñas, Castillón, O Outeiro, Ral, A Veiga, Vilar, Vilarverde.


Deade, San Vicente: 

     A Cal, O Campo das Parras, Campo da Eirexa, Campo de Outeiro, Casdocende, Casebio, Cornide, Maside, As Nogueiras, O Pacio, Souto, Tanquean, Trigas, Vilanova.
Eiré, San Xulián: 

     O Barrio, A Casanova, A Costa, A Estrada, Faramontaos, Ferreiroá , Freixedo, Guítara, A Morá, Mosteiro, Nadal, Pedragude, Rodiz, San Xulián, A Santa Mariña.
Espasantes, Santo Estevo: 

     Barreal, A Cal, A Carballeira, A Casanova, A Famulia, O Fontao, A Granxa, A Lama do Río, A Lama, As Laxes, Pacios, A Quintá, Rousa, Sabaraz, O Souto, Vilaxilde.


 
Ferreira, Santa María: 
     Basillao, As Bouzas, A Capa, Os Castriños, O Castro de Ferreira, O Curro, A Estrada, Goián, A Lavandeira, O Mouro, O Mato, Os Ramos, Santadriao, A Torre, O Valiño, A Vila da Carreira, A Vila do Souto.
Frontón, San Xoan:  
     Amorín, A Barca, A Chaira, A Estación, Frontón, Lornís, O Outeiro, Seragude.
Mato, Santo Estevo: 

     Abuíme, Campoverde, Carreixas, Currás, Guimarás, Marrás, Pereiroás, Rial, Santo Estevo, A Torre do Mato.


Mañente, San Mamede: 

     Campelos, Couto, Eireos, A Estrada, A Fonte, Mañente, Outarelo, Pacios, O Pozo, Valado, Varela.


Moreda, San Román: 

     O Barrete, Cabo de Vila, Outeiro, Paderne, Palmelle, Salcedo, San Román, Viñas.

 
Pantón, San Martiño: 

     Augasantas, As Bornogueiras,  Costa, Follés,  Outeiro, Pantón de Abaixo, A Regueira,  Regueiro, O Souto, O Verdeal, A Vila, Vilar.


 

Pombeiro, San Vicente: 
     Amandi, Barreiro, O Barrio, Bazal, O Cancelo, Cascaxide, Cascortés, Cibrisqueiros, Mación, Moredo, Outeiro, Penaveada, A Piuca, A Presa, O Priorato, O Regueiro, Ribas de Sil, San Cosmede, San Pedro, O Souto, Telleiros, A Torre de Vilamirón, O Torrón, A Touza, Vilamirón.
Ribeiras de Miño, San André: 
     O Bacelo, O Barreal, O Cabo da Aldea, O Campo, O Carballedo, O Carballo, O Cruceiro, O Ferroño, Porcís, Portabade, Ribela, O Xogo da Bola.
Següín, Santo André: 

     Següín, Vilafiz.


Serode, San Xulián: 

     Briallos, A Lama, Outeiro, Quintá, A Vila do Mato.
Sios, San Martiño: 

     Campelos, Fontepedre, A Lama, Outeiro, A Pena, Siós de Abaixo.
Toiriz, Santa María: 

     O Carme, O Castelalbo, Corvás, A Estrada, Frenzas, A Hedra, A Igrexa, Loureiro, O Outeiro, Pacios, A Pena, A Pousa, O Pumar, Saa, Souto, Souto de Xelo, Vilanova. Toiriz, Santalla: A Alfándiga, O Barrio, Cacerille, O Carme, O Cotelo, Docil, Matelas, O Mato, A Regueira, Santalla, Trasulfe, Vilar.


 

Toldaos, San Xoán: 
     Toldaos de Abaixo, Toldaos de Arriba
Tribás, San Martiño: 

     Albaredo, Fontao, A Porta, Pumar, Tribás.
Vilamelle, San Cibro: 

     O Campo, A Casa Alta, O Castro, Floxón, O Lugar, O Mato, O Outeiro, A Pena, O Souto, Vilamelle.
Vilar de Ortelle, Santiago: 

     Areas, O Batán, Casanova, Eirexe, Lagariza, Marce, A Míllara, A Morá, Outeiro, Rachelo, Ramos, Rubiás, San Romau, Valboa, Vilar, Maiorga. 

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuentes: Patrimonio galego 
Concello de Pantón
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901