martes, 17 de octubre de 2017

CAPELA DA COSTRIA - PENALBA - NOGUEIRA DE RAMUÍN

 CAPELA DA COSTRIA
VIÑOÁS
PENALBA
NOGUEIRA DE RAMUÍN


Capela da Costria en Penalba
     Capela con elementos decorativos neoclásicos, que foi trasladada da súa situación, por mor da construción da estrada nacional que pasa o seo carón.


     Planta rectangular, muros de granito, presbiterio mais elevado que o resto, cuberto a catro augas, mentres a nave está a dúas.



     No frontal porta adintelada con dúas follas, e enreixado de protección. Nos laterais pequenos ocos rectangulares, arredor da porta decoración neoclásica simulando columnas con bases molduradas.
Sobre a porta frontón con oco redondo decorado e sobre el escudo tallado na pedra con coroa oca. 



     Nos laterais sobre molduras rectas, pináculos cuadrangulares con bolas e no cumio cruz de pedra.


     Arredor de ela ten zona acondicionada, con espazo natural, para acoller os fieis os días de celebración.



Nogueira de Ramuín
     Nogueira de Ramuín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 2.124 habitantes (2.565 en 2003).



Xeografía
     O concello, de 98,3 km², abrangue trece parroquias. Está situado ao norte da provincia de Ourense, e limita ao norte cos concellos de Carballedo, Pantón, Sober, ao sur con Esgos e Xunqueira de Espadanedo, ao leste con Parada de Sil e ao oeste con Coles, A Peroxa e Pereiro de Aguiar.



     Sitúase á beira da confluencia do río Miño co Sil, incluíndo tamén o val superior do río Loña. Cara ao sur está a depresión de Ourense, nas abas de Cabeza de Meda (1320 m).


      Está comunicada a través da estrada OU-546 (Ourense - Monforte de Lemos) e da OU-536 (Ourense - Ponferrada).


Historia
     Consérvanse restos do megalítico, as mámoas de Moura e de Lamagorzos. Do románico son o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e as igrexas de San Martiño de Nogueira e San Cristovo de Armariz.



Patrimonio
     Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. 

     Existen petos de ánimas en San Miguel do Campo, Eiradela, Pacios e Liñares.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 Fuente: Web patrimoniogalego
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901