PORTO FENICIO DE AGUIÑO
A COVASA
AGUIÑO
RIBEIRA
Porto Fenicio
Situado en Aguiño, no lugar da Covasa.
Trátase dunhas pedras de cantería ordenadas en tres chanzos. Estudos realizados por investigadores leváronlles a dúas teorías:
Uns din que esas pedras, aínda tan ben dispostas, son os restos dun porto que os fenicios construíron en Aguiño para facer escala nas súas frecuentes viaxes comerciais polas nosas costas nos séculos XII a VIII a. C.
Outros defenden que se trata de vestixios dunha fábrica de salgadura dos tempos en que os cataláns impulsaron a economía da zona.
O peirao fenicio atópase a 500 m. do auténtico porto de Aguiño.
Como chegar ao Peirao Fenicio de Ribeira:
Cando cheguemos a Santa Eugenia de Ribeira debemos de seguir a (AC-7305) en dirección a Aguiño. Unha vez alí dirixirémonos/dirixirémosnos cara ao porto. Seguiremos pola rúa Transporto e a uns 100 metros está o Peirao Fenicio.
Aguiño
Nosa Señora do Carme de Aguiño é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2013 tiña 2.934 habitantes (1.472 mulleres e 1.462 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, 7 máis que o ano anterior.
A esta parroquia pertence a illa de Sálvora.
Historia
Ata 1959 pertencía a parroquia de Carreira. Nese mesmo ano comezou a construírse a igrexa parroquial, deseñada por Antonio Tenreiro Bonachón e sendo o primeiro templo da era moderna con inscricións en galego. Foi consagrada o 14 de xullo de 1967 polo cardeal Quiroga Palacios, dando ese día a súa primeira misa en galego. O templo presenta unha disposición moi funcional, sendo máis larga que longa. Nel caben 500 persoas.
Festas gastronómicas
Aguiño celebra no mes de xullo a Festa do Percebe.
Lugares de Aguiño
Aguiño, O Carreiro, Os Castelos, A Catía, A Cerca, Couso, A Covasa, A Cruz de Aguiño, O Lagarto, Listres, As Pedras Miúdas, Penisqueira, O Pinar de Martín, Rascacú, A Ribeira O Robalo, Sálvora, A Tasca, Trasporto
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Web conocergalicia
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901