martes, 17 de octubre de 2017

CAPELA DE SAN PAIO - SAN LOURENZO - OUTES

 CAPELA DE SAN PAIO
SAN LOURENZO
OUTES


Outes
     O Concello de Outes forma parte da comarca de Noia, integrada ademáis polos concellos de Noia, Lousame e Porto do Son. 



     Esta comarca atópase na costa oriental da provincia de A Coruña.


     Poucos municipios gozan do privilexio de atoparse nun marco xeográfico que ofreza tan rica variedade de formas e contornos, matices paisaxísticos e contrastes.


     As súas fronteiras están determinadas pola desembocadura do río Tambre ao Sur, e os concellos de Muros, Mazaricos, Negreira e Noia.


     O seu termo ocupa 100 quilómetros cadrados. A capital municipal está na Serra de Outes e dista 7 quilómetros de Noia, 15 de A Picota (Mazaricos), 25 de Muros, 40 de Santiago e 105 de A Coruña.


     Outes ten un clima oceánico húmido debido á proximidade do Atlántico, as precipitacións son máis abundantes nos meses de novembro a marzo pero no verán, o tempo en xeral é bo, con temperaturas altas e escasas choivas debido a presencia case constante do anticiclón das Azores.


     O concello conta cunha densidade de 93 habitantes por quilómetro cadrado, moi superior á media do Estado Español se ben a poboación tende a concentrarse no litoral, de xeito que a metade dela vive en só tres núcleos de poboación: A Serra, O Freixo e O Cruceiro de Roo.


O municipio de Outes comprende a localidade de La Serra de Outes y diez parroquias:
    Cando (San Tirso)
    Entíns (Santa María)
    O Freixo de Sabardes (San Juan)
    Matasueiro (San Lorenzo)
    Outes (San Pedro)
    Roo (San Juan)
    San Cosme de Outeiro (San Cosme)
    San Ourente de Entíns
    Tarás (San Xián)
    Valadares (San Miguel)



Comarca de Noia
     A comarca de Noia é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Noia. Pertencen a esta comarca os concellos de Lousame, Noia, Outes e Porto do Son.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Concello de Outes
XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901