PETO DE PETELOS
SAN MAMEDE DE PETELOS
MOS
San Mamede de Petelos é unha parroquia do concello de Mos na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.387 habitantes (734 mulleres e 653 homes), 23 menos ca en 1999. Están distribuídos en 8 entidades de poboación.
Desde 1935 alberga a casa consistorial de Mos, situada a carón da igrexa parroquia, en ese sitio atopase este Peto de Ánimas
Os Petos de ánimas.
A devoción ás ánimas segue viva entre as xentes, que adoitan levarlles como ofrenda patacas e millo con formas raras.
O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.
Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio.
A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo.
Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar.
Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome. Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...".
Tamén se invita a recordar os nosos antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos".
E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogad por nos, Señor, y socorrednos con vuestros sufragios que nos pidiremos por vos"
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901