domingo, 8 de septiembre de 2013

PETO DE PEROSECO - COTOBADE

PETO DE PEROSECO
SANTO ANDRE DE VALONGO
COTOBADE


     O poboamento das terras de Cotobade empezou en época bastante antiga, como testemuñan a abundancia de restos arqueolóxicos (petroglifos, mámoas, castros) repartidos por toda a súa xeografía.


     Os restos máis abundantes son os petroglifos, dos que se coñecen numerosos exemplos (máis de 150), moitos deles atribuídos á Idade do Ferro ou  á do Bronce.



     Os petroglifos máis interesantes son: a Pedra do Lombo da Costa, a Laxe do Cuco, a Pedra das Ferraduras, a Laxe dos Cebros,… na parroquia de San Xurxo de Sacos e os petroglifos de  Portela da Laxe e Laxe das Coutadas, en Viascón.



      Asímesmo, quedan restos da época romana na calzada de O pé da Múa. Entre os antigos monumentos históricos, atópase no monte Castelo, que se extende polos límites de Borela, Carballedo, Tenorio e Viascón- a torre que noutro tempo se chamaba “Couto do Abade”, da que apenas quedan vestixios; e os restos do castelo de Tenorio, que a finais do século XV pertencía ó señor de Soutomaior e conde de Camiña, Pedro Madruga, e que foi derrubado polos Irmandiños.



      O concello tivo a súa propia xurisdicción, na que o duque de Soutomaior nomea xuíz ordinario, e que comprendía as actuais parroquias, agás a de Caroi.
 


      No século X fundouse o convento de benedictinos de Tenorio. A boa posición estratéxica deste, provocou que caese en mans do Conde de Camiña, quen destituiu ó seu Abad, Pedro de Tenorio, sustituíndoo por un monxe de Lérez.  Este nomeamento, ó non ser acatado pola comunidade, trouxo como consecuencia o abandono do convento polos guerrilleiros durante a guerra da independencia, e acabou destruído ó incendialo os franceses.
 


     Na loita contra os franceses pode decirse que Cotobade abriu a guerra, ó atacar os seus habitantes ás guarnicións gabachas de Borela, San Xurxo de Sacos e Tenorio, o 19 de febreiro de 1809, obrigando a estas a renderse. Así mesmo, o día 20, fan baterse en retirada as tropas francesas de Pontevedra, que acudían a se desquitaren da acción do día anterior. Posteriormente, o 28 do mesmo mes e ano, atacan a guarnición francesa de Pontevedra e o 7 de xuño toman parte na acción de Pontesampaio, contribuíndo a derrota das forzas do xeneral Ney.
 


     Nestes feitos destaca a utilización polos veciños de Cotobade do “Canón de Pau”, que consistía nun tronco furado e suxeito con argolas de ferro, e que resistía ata doce canonazos. Destes feitos, que fan que se coñeza a Cotobade coma terra do “canón de pau”.



     Segundo a tradición, Cotobade é berce de afamados canteiros. Traballaban por toda España, e coñecíanse coa denominación popular de “barrocos”; semella que esta denominación ten relación co estilo arquitectónico deste nome. Entre estes, cabe destacar o mestre Cerviño, natural de Aguasantas e autor dos cruceiros de Hío, Covelo, Ponteareas e outros. Do maestro Cerviño, o afamado escritor Castelao di “foi xenial, revolucionario, capaz de transforma-los pequenos cruceiros en grandes calvarios ó estilo dos que se levantan na Bretaña”

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901