PETROGLIFOS "PE DE MULA"
GARGAMALA
MONDARIZ
Mondariz é un lugar cheo de recunchos con encanto que invitan ao pasaxeiro a ser explorados. Nun escenario natural incomparable podes atopar: praias fluviais, sendeiros de contos, muíños, igrexas, un castelo, petos de ánimas, cruceiros, mámoas, petróglifos declarados Ben de interese Cultural (BIC) e vexetación única.
Pero sobre todo podes encontrarte a ti mesmo: o teu ser aventureiro, o teu ser explorador, o teu ser emocionado, apaixoado, relaxado… pero a mellor maneira de atoparse é perderse, porque Mondariz é un lugar cheo de Maxia.
Maxia que encontras sobre todo na súa vexetación, paseando polos sendeiros, mergullándose nas augas puras do río Tea e nos seus regatos, nas augas sulfurosas mineiromedicinais…
Mondariz é un lugar cheo de tradicións, tradición cesteira e lendas que pasan de boca en boca e de xeración en xeracións: que contan que as meigas peitéanse nos muíños os días de lúa chea con peites de prata, que contan que en Mondariz a maxia existe en todos os seus elementos…
Santa María de Gargamala é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 433 habitantes (237 mulleres e 196 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 530 habitantes.
Os petróglifos de Mondariz.
A consellería de Cultura acaba de incorporar 40 petróglifos situados no concello de Mondariz no rexistro de Ben de Interese Cultural. Esta medida pretende lograr unha maior protección deste tipo de monumentos singulares.
Os petróglifos foron declarados xa os 80 como Ben de Interese Cultural, polo que todas as zonas que conteñan este arte rupestre logran esta cualificación.
Á listaxe xa existente en Galicia únense agora as 40 zonas de gravados situadas en Mondariz, tal e como solicitou o Concello. Entre os existentes no municipio atópanse algúns de gran valor como os de Gargamala ou os de Pe dá Mula.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901