jueves, 5 de septiembre de 2013

MUIÑOS DE GARGAMALA - MONDARIZ

MUIÑOS DE GARGAMALA 
GARGAMALA 
MONDARIZ


     Mondariz é un lugar cheo de recunchos con encanto que invitan ao pasaxeiro a ser explorados. Nun escenario natural incomparable podes atopar: praias fluviais, sendeiros de contos, muíños, igrexas, un castelo, petos de ánimas, cruceiros, mámoas, petróglifos declarados Ben de interese Cultural (BIC) e vexetación única.


     Pero sobre todo podes encontrarte a ti mesmo: o teu ser aventureiro, o teu ser explorador, o teu ser emocionado, apaixoado, relaxado… pero a mellor maneira de atoparse é perderse, porque Mondariz é un lugar cheo de Maxia.




     Maxia que encontras sobre todo na súa vexetación, paseando polos sendeiros, mergullándose nas augas puras do río Tea e nos seus regatos, nas augas sulfurosas mineiromedicinais…




     Mondariz é un lugar cheo de tradicións, tradición cesteira e lendas que pasan de boca en boca e de xeración en xeracións: que contan que as meigas peitéanse nos muíños os días de lúa chea con peites de prata, que contan que en Mondariz a maxia existe en todos os seus elementos…




OS MUIÑOS DE RÍO

      O muíño é unha máquina que utiliza a forza da auga do río para moe-lo gran. Para iso move dúas  grandes pedras e no medio o gran; estas grandes pedras son capaces de converte-lo gran en fariña, sexa de centeo, trigo ou millo.

 



     Os muíños de río presentan dous tipos fundamentais: os de rodicio coa roda motriz horizontal, que son os máis antigos e abundantes e os de bruia coa roda motriz vertical, que son máis recentes e se coñecen co nome de aceas. O muíño destinado ó trigo denomínase muíño albeiro.




Un muíño de rodicio horizontal consiste no seguinte:
      A forza da auga que entra polo rego move o rodicio, o chocar coas penlas, que son as que reciben o impulso da auga, que roza co penedo e a pedra. Como o gran de trigo ou centeo ou millo baixa pola muxega remata triturado entre as pedras. A zona do muíño onde vai o rodicio chamase inferno, realmente é por onde sae a auga a gran presión e choca coas penlas do rodicio, facendo xirar deste xeito a moa, que realmente é a que tritura. A peza de atrás é para deixar pasar máis ou menos auga, ou tapar simplemente. O freo levanta máis ou menos a pedra do penedo podendo moer máis fino ou baixándoo de todo impedirlle que xire. O tarabelo salta sobre a pedra e fai vibra-la cornizuela para que vaia deixando cae-lo gran. Os muíños teñen mecanismos para detectar cando se termina o gran, incluso tamén para levanta-la pedra para arranxala, cando se pon lisa.




     O río recóllese nunha presa, logo desvíase por un rego ata un tanque por onde a auga penetra con forza no muíño para move-lo rodicio e normalmente ten un quebradoiro para desviar outra vez a auga o río.
 


       Muiño no seu interior Os muíños poden ser comunitarios, neste caso cada veciño dispón dunhas horas prefixadas para usalo- e reciben o nome de muíños de herdeiros. Tamén poden ser de propiedade particular e entón reciben o nome de maquías por chamarse así a cantidade de gran que cobran por moer ( a maquía era sobre una libra - 600 grs. por cada once quilos- e onde se alugaban a cambio de fariña).




       Os muíños foron pezas moi importantes na economía e no desenvolvemento da vida nas aldeas, así como do seu folclore, e das súas lendas. Hoxe, cubertos moitos por hedras e silvas, fálannos dun pasado que se vai e da utilización de novos medios técnicos para moe-lo millo , o trigo e ou o centeo.




     No muíño xurdiron cancións, refráns, contos e ata unha danza: "a muiñeira". Unha muiñada era unha antiga xuntanza festiva de mozos e mozas en torno os muíños, mentres se esperaba pola vez para moer...





Unha noite no muíño
unha noite non é nada
unha semaniña enteira
esa sí é muiñada.

O muíño do meu pai
eu ben lle sei o tempero:
cando está alto, baixalo
cando está baixo, erguelo.

Fun esta noite o muíño
nin moín nin muiñei;
perdín a trenza do pelo
iso foi o que gañei. 


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901