miércoles, 4 de septiembre de 2013

IGREXA DE VILASOBROSO - MONDARIZ

IGREXA DE SAN MARTIÑO
VILASOBROSO
MONDARIZ


     Mondariz é un lugar cheo de recunchos con encanto que invitan ao pasaxeiro a ser explorados. Nun escenario natural incomparable podes atopar: praias fluviais, sendeiros de contos, muíños, igrexas, un castelo, petos de ánimas, cruceiros, mámoas, petróglifos declarados Ben de interese Cultural (BIC) e vexetación única.


     Pero sobre todo podes encontrarte a ti mesmo: o teu ser aventureiro, o teu ser explorador, o teu ser emocionado, apaixoado, relaxado… 



     Pero a mellor maneira de atoparse é perderse, porque Mondariz é un lugar cheo de Maxia. Maxia que encontras sobre todo na súa vexetación, paseando polos sendeiros, mergullándose nas augas puras do río Tea e nos seus regatos, nas augas sulfurosas mineiromedicinais…




     Mondariz é un lugar cheo de tradicións, tradición cesteira e lendas que pasan de boca en boca e de xeración en xeracións: que contan que as meigas peitéanse nos muíños os días de lúa chea con peites de prata, que contan que en Mondariz a maxia existe en todos os seus elementos…


     San Martiño de Vilasobroso é unha parroquia do concello de Mondariz, na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal tiña en 2008 367 habitantes (173 homes e 194 mulleres), distribuídos en 5 lugares, o que supón unha diminución continuada en relación ós anos 2004, cando contaba con 380 habitantes, e 1999, con 416. Hoxe é unha das nove entidades locais menores que existen en Galiza. 

 

     Foi recoñecida o 13 de setembro de 1924 polo concello de Mondariz, é considerada a segunda vila do Concello. Conserva o seus históricos símbolos identificadores, como o seu escudo de armas e a súa bandeira.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Silvia e Natalia
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901