XANTAR -2016
EXPOURENSE
OURENSE
A segunda motivación elixida polos turistas para visitar Galicia é a gastronomía. Isto supuxo a orixe de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, unha feira que acada a su decimosetima edición do 3 ó 7 de febreiro de 2016 e que congrega a milleiros de persoas, transformando o recinto de Expourense nun gran centro de restauración.
No 2014 logrou o recoñecemento de Internacional outorgado pola Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España.
En 12.000 metros cadrados cubertos, recréanse unha vintena de restaurantes con todo luxo de detalles e servizos.
O obxectivo é dobre: exaltar as materias primas coas que elaboran os seus menús e fomentar a calidade e a prestación do servizo.
Ademais da promoción da gastronomía, Xantar é tamén o punto de encontro dos recursos turísticos das rexións participantes no salón.
Sen saír do recinto feiral, o visitante pode coñecer os atractivos naturais, arquitectónicos, históricos e, por suposto, enogastronómicos, dos distintos puntos xeográficos promovidos por organismos públicos (concellos, deputacións, padroados de turismo, etc.) que acoden a esta cita procedentes de toda España e Portugal.
Tanto para profesionais como para público xeral organízanse actividades como conferencias, presentacións literarias, exposicións de arte, obradoiros didácticos, cursos de cata e degustacións, entre outras moitas.
O atractivo que ten Xantar para o público en xeral queda fóra de toda dúbida á vista dos resultados das enquisas realizadas: os menús acadaron un índice de satisfacción superior ó 75% e máis do 85% dos visitantes ten intención de repetir.
Ademais é unha cita para o goce do propio sector, xa que das persoas que visitaron Xantar, o 35% foron profesionais.
O principal obxectivo de Xantar é defender a cultura da calidade na gastronomía e posicionala como un dos reclamos turísticos máis importantes.
Por elo, tamén teñen o seu espazo neste salón outros destinos de España e Portugal que queiran promocionar a súa gastronomía como motivación decisiva á hora de atraer visitantes, co obxectivo de compartir experiencias.
Por este motivo, Xantar conta cada ano coa presenza de diferentes territorios da Península baixo a fórmula de rexión convidada.
Entre as que participaron, atópanse Estremadura, Castela – León, Asturias, Cantabria e Andalucía, rexións turísticas de Portugal e agrupacións interterritorias como por exemplo a Macaronesia (Canarias, Azores e Madeira).
Cada rexión conta cun restaurante co seu menú degustación e vén acompañada pola súa oferta turísticaa de productos autóctonos ou da súa cultura artenasall e tradicional para que os visitantes coñezan as súas particularidades e e diferenzas.
O salón conta coa figura do país convidado, unha iniciativa que ten moi boa acollida por parte do público asistente ó salón e unha gran repercusión entre os medios de comunicación.
Francia, México, Portugal, A Arxentina e Perú participaron ata o momento promocionando os seus recursos turísticos e gastronómicos a través de: restauración, stand, degustacións, catas, obradoiros ou folclore.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: XANTAR
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901