domingo, 20 de marzo de 2016

REGATO DE MACEIRA - O FOLÓN - O ROSAL

 REGATO DE MACEIRA
MUIÑOS DO FOLÓN
O FOLÓN
O ROSAL


     Os muíños do Folón e do Picón son un grupo de 60 muíños en fervenza, declarados Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia ao constituír parte do rico patrimonio etnográfico da comarca do Baixo Miño, xa mencionados en documentos do século XVII.



Situación
    Atópanse situados dentro do concello do Rosal, entre os lugares de Martín e Fornelos, na ladeira do Monte Campo do Couto, desde o cal se pode contemplar todo o val do Rosal, a desembocadura do río Miño e o Monte onde se atopa o Castro de Santa Trega.
Descrición



Os 60 muíños atópanse divididos en dous tramos que reciben dous nomes diferenciados:
    Os muíños do Folón, 36 construcións na vertente do Folón, por onde discorre o regato tamén chamado Folón.
    Os muíños do Picón, 24 da vertente do río Picón.



     Dentro dos diferentes tipos de muíños existentes, pódense clasificar como muíños de rodicio ou de roda motriz horizontal, e dentro destes, nos muíños do Folón e do Picón podemos atopar tanto muíños de canle (normalmente cuberta no tramo máis inclinado), nos que a auga desemboca xustamente no inferno onde está situado o rodicio; e muíños de cubo ou de pozo, que se poden observar nos tramos con máis pendente da ruta, onde se almacenaba a auga nos cubos dos muíños superiores e de aí unha vez que o muíño xa a usara, pasaba ao seguinte e así sucesivamente.


     A maioría deles teñen unha estrutura de dúas plantas, na inferior chamada sarteio pódese ver aínda a maquinaria na que actúa a forza da auga; no termiñado ou planta superior é onde se poden atopar as moas de moer o gran comunmente feitas de pedra.


     Os primeiros muíños conservados datan dos séculos XVIII e XIX, como se pode comprobar, por exemplo, no muíño número 11 que recolle a datación máis antiga: Ano 1702, ou o muíño número 16 que recolle o ano 1715.


     Nos linteis, xambas, limiaress e paredes (tanto interiores como exteriores), pódense observar, numerosos signos de canteiro, posteriormente, os propietarios dos muíños tamén deixaron as súas propias marcas e sinais coma cruces, tendo neste caso unha posible función a un tempo protectora e ao mesmo tempo delimitadora da propiedade.


     Como exemplo está a inscrición dunha cruz coa lenda Ave María que se observa no muíño número 4 ou dunha cruz cun cáliz no muíño número 21.


     Son edificacións feitas de pedra construídas en pendente ao lado do río, para aproveitar toda a forza da auga co fin de moer o gran. Neles moíase tanto gran de millo, de centeo ou de trigo para facer fariña. No exterior algúns deles conservan pías usadas coma abrevadoiros e comedeiros dos animais, coma por exemplo, no muíño número 5 (que ten un alpendre para as cabalerías) ou o 23.


     Hoxe en día, existe unha ruta de sendeirismo sinalada coa posibilidade de facer visitas guiadas gratuítas co fin de ver e entender o funcionamento dos muíños.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901