lunes, 14 de marzo de 2016

MUIÑO DA GRIFA - CRISTIMIL - LALÍN

 MUIÑO DE GRIFA
RÍO ASNEIRO
CRISTIMIL
LALÍN


Cristimil
     San Xurxo de Cristimil é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 177 habitantes (91 homes e 86 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 192 habitantes.



     No lugar de Sanxurdo fundouse a Banda de música de Sanxurdo. Ademais, nesta parroquia naceu o agrarista Ramón González Vigide.



Xeografía
     En Cristimil únese o río Asneiro ao Deza.



Río Asneiro
     O río Asneiro ou Arneiro nace en Dozón e xúntase co Deza na parroquia de Cristimil, no concello de Lalín.



Historia
     Na Idade Media o actual río Asneiro era chamado Dezón (hoxe Dozón). Na Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán, do século XIX, aparece rotulado como Río Deza. Este erro na denominación pasou a moita cartografía posterior e á rotulación viaria.



Lalín
     Lalín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. A vila ten unha poboación de 20.158 habitantes (2014)[3] e divídese entre o núcleo urbano, onde hai máis de 10.000 veciños, e as 52 parroquias do rural. 



     Lalín é a capital e a vila principal da súa comarca e a novena cidade da provincia, despois de A Estrada. O concello posúe unha densidade de poboación de 63,85 hab./km², e unha superficie de 326,8 km², o que o converte no concello máis grande de Pontevedra e o cuarto de Galicia.


     O concello de Lalín atópase no nordeste da provincia de Pontevedra; fai fronteira co concellos de Silleda e Vila de Cruces polo noroeste, con Forcarei polo oeste, con Agolada e Rodeiro polo nordeste, con Dozón polo suroeste e co Irixo polo sur, todos eles pertencentes á comarca pontevedresa do Deza agás O Irixo que pertence á provincia de Ourense.



Etimoloxía do topónimo
     O nome de Lalín vén de "Lalino", un colono do Conde de Deza que tivo ao seu cargo as terras nas que, anos máis tarde (980), se erixiu o mosteiro de San Martiño de Lalín de Arriba.



Orixe e historia
     En tempos prehistóricos, xa estiveran poboadas estas terras. Así o testemuñan os castros de Donramiro e Goiás, a pouca distancia de Lalín, e mesmo o castro que algúns historiadores sitúan no lugar que hoxe ocupa o parque do aviador Loriga, sobre o que na época sueva se construíu unha torre-fortaleza. 



     Precisamente ao abeiro desta fortaleza medieval xurdiu o casal da Torre, que con outros casais illados formou o primitivo núcleo urbano de Lalín no século XIX. Torre-fortaleza que logo pasaría aos Suárez de Deza-Churruchao, e nos últimos tempos, antes da súa destrución, ao Conde de Lemos. Derrubado en 1846, só quedou en pé ata os primeiros anos deste século a torre da homenaxe, á beira da que se erguía un vello carballo chamado "da manteiga". 


     A finais do XVIII, o lugar da Torre estaba formado por sete casas, nas que se daba comida e aloxamento a moitos feirantes, que concorrían ás dúas feiras mensuais, e aos viaxeiros que transitaban de Ourense a Santiago, e de Lugo a Pontevedra.


     En Lalín editáronse os periódicos La Defensa (1905-1909), Verdad y Justicia (1922-1924) e Razón (1933-1934).


     A vila de Lalín, formada xa polos casais da Torre, Barrio de Abaixo, Tirabeque, Cacharela, Pontillón e outros, contaba en 1930 con pouco máis de trescentos veciños. Virían logo os anos do desenvolvemento e do progreso, ata converterse nos nosos días na vila máis importante da Galicia Central.


Comarca do Deza
     A comarca do Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. 



     A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901