lunes, 14 de marzo de 2016

MOMENTOS BOCADIÑOS DO COCIDO 2016 - LALÍN

MOMENTOS BOCADIÑOS DO COCIDO 2016
Asociación de Empresarios de Deza (AED)
LALÍN


     Un ano mais ou como non podria ser doutro xeito os locais participantes no Concursde Tapas 'Bocadiños do cocido de Lalín' volveron sorprender polo seu bo facer.


    La Molinera, Rosaleda, Las Palmeras e A Cunca, premiados nos VI Bocadiños do Cocido



     O Restaurante La Molinera, a Cafetería Rosaleda, a Pensión Las Palmeras e o Bodegón A Cunca foron os catro establecementos participantes no concurso de tapas “Bocadiños do cocido” que obtiveron os recoñecementos nesta sexta edición. 


     Así o anunciou esta mañá en rolda de prensa o presidente da AED, Antonio Lamas, que compareceu xunto co alcalde, Rafael Cuiña, e un integrante da comisión de hostalaría, Moncho Villanueva.


    Antonio Lamas explicou que nesta sexta edición, que se desenvolveu durante 10 días, participaron un total de 12 establecementos lalinenses, que serviron arredor de 2.685 tapas en total, o que deixa un promedio de 268 tapas diarias. 



      Segundo precisou, ao venderse as tapas a un prezo de 1,5 euros, esta campaña supuxo unha media de 402 euros diarios de ingresos adicionais, ademais dos correspondentes gastos nas consumicións.


    Aínda que se amosou “razoablemente satisfeito”, Antonio Lamas indicou que a participación cidadá foi lixeiramente menor que noutras edicións e incidíu en que o reparto por locais tamén foi desigual. 



     Así, mentres houbo restaurantes que repartiron 700 tapas, outros apenas alcanzaron as 80. En todo caso, anunciou que para vindeiras edicións teranse en conta algunhas das suxestións aportadas polos propios restauradores.


    En canto aos premios, os votos do xurado profesional outorgaron o Premio Especial á Mellor Tapa ao Restaurante La Molinera polo seu “Dentelle de cocido de Lalín”. 



     Pola súa parte, o xurado popular pronunciouse do seguinte xeito: primeiro premio para a Cafetería Rosaleda polo “Cocido de papá Manolo”; segundo premio para a Pensión Las Palmeras, pola tapa “Todo por la pasta”; e terceiro premio para o Bodegón A Cunca, polo seu “Almendrado de cocido”.


    Os premios, consistentes en diplomas acreditativos, entregáronse esta mañá ao remate da rolda de prensa de balance e antes da realización do sorteo dos 25 agasallos aportados polos propios restaurantes ou por marcas colaboradoras. 




    O premio máis desexado (480 euros en metálico) recaeu en Rafael González Rodríguez.


    Por outra parte, no transcurso da rolda de prensa tamén se presentou unha Guía da Hostalaría, da que a AED vén de editar 10.000 exemplares coa colaboración do Concello de Lalín para facilitarlle aos visitantes o coñecemento de todas as posibilidades que ofrece este sector. 



    Antonio Lamas agradeceulle a Rafael Cuiña a implicación do concello neste proxecto e precisou que “quíxose lanzar esta fin de semana para que os visitantes que acudirán ao concurso organizado por Anaprode poidan orientarse xa con esta nova guía).



    Sexta edición do concurso de tapas de inverno 'Bocadiños do cocido de Lalín', organizado pola Asociación de Empresarios de Deza (AED) e a súa Comisión de Hostalaría.



ESTABLECIMENTOS PARTICIPANTES:
 - A Casa do Gato
 - A Mina
 - Bodegón A Cunca
 - Cabanas Restaurante
 - Cafetería Rosaleda
 - Hotel Restaurante Pontiñas
 - Hotel Restaurante Villanueva
 - O Picoteo
 - Pazo de Bendoiro
 - Pensión Las Palmeras
 - Pulpería Roque
 - Restaurante La Molinera
 


Conformarón o tribunal o cociñeiro:
     Miguel Mosteiro, del restaurante ourensano San Miguel, y los bloggers gastronómicos Faustino Batallán (@GastroyPolítica); Mark Auchincloss (@MyDGalicia); Luis Doménech (@LuisonDome y La Buena Pitanza); Kari Trillo (@Galifornia_Gal) y Xoán Arco da Vella (@XoanArcodaVella).


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente:  Asociación de Empresarios de Deza (AED)
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901