viernes, 4 de marzo de 2016

FERVENZA DOS FENTOS - COVELO

 FERVENZA DOS FENTOS
REGO DOS FENTOS
BARCIA DE MERA
COVELO
CAMIÑOS NO RÍO ALÉN


 Río Alén
     O río Alén percorre parte do territorio da parroquia de Barcia de Mera tendo como eixo o cauce fluvial e o val de aluvión deste río que aporta as súas augas ó río Tea (ambos forman parte da Rede Natura 2000, a rede europea de espazos naturais protexidos), constituindo no seu conxunto unha das redes fluviais mellor conservadas do sur de Galicia en canto a calidade das súas augas, os seus hábitats de ribeira, e especies animais e vexetais.



COVELO
Natureza
     Covelo fórmano 14 parroquias sobre un terreo moi variado e accidentado. Vales profundos, ríos, montañas especialmente marcadas no límite noroeste, con alturas superiores ós 1.000 metros constituen unha grande variedade paisaxística.



     O punto máis alto de toda a provincia de Pontevedra é onde nace o río Tea , no Concello de Covelo, no Faro de Avión (1.155 m). O río Tea discorre polo Val do Tea dividindo en diagonal o territorio municipal.



     No seu traxecto nútrese de múltiples afluentes de augas cristalinas e ateigadas de vida vexetal e animal. Abundan no seu caudal as troitas de montaña (de menor tamaño que a troita de augas calmas), tamén se coñece a existencia de lontras e outras especies escasas noutros ecosistemas.



     A combinación de paraxes rudas, propias de terreos moi elevados (Serra do Suído e Serra do Faro), contrasta coa fecundidade dos pequenos vales e fragas das zonas con cotas inferiores. Estes puntos altos son exemplos de media montaña en estado libre a escasos quilómetros da cidade donde ses resiste a desaparecer varias poboacións de lobo ibérico.



     As Fragas do Tea constitúen un exemplo de bosque conformado principalmente por carballos e outras caducifolias autóctonas. Estas fragas situadas no Alto Tea son as máis extensas e mellor conservadas da provincia de Pontevedra e unhas das máis importantes de Galicia.



     O nivel de protección intensificouse para preservar este patrimonio natural de talas incontroladas que provocan unha forte erosión no chan e a perdida dun ecosistema escaso.



     Nesta paisaxe abundan os xabarís, corzos, pequenos carnívoros, lontras, aves rapaces, vecacinas, arceas, gatos monteses e outras especies que atopan nestas masas boscosas o seu hábitat idóneo.



     O río Tea foi declarado pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, "Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral". Dende o Pico de Avión, Xuarquiña, Lomba dá Serra Chan de Lama, Couto Bidueiros, Portiño Escuro, pódese contemplar as vistas máis fermosas deste concello.



     Tamén dende a Serra de Fontefría ao sur e límite con A Cañiza ofrece paisaxes incribles, ideal para os afeccionados á micoloxía.



     Dende o alto divísanse vales, que parecen cortados en rectángulos e pintados con verdes de distintas tonalidades. Algúns bosques autóctonos, como o que podemos ver dende o alto de A Guía de Piñeiro, se antollan lugares ideais para escaparse.



Barcia de Mera
     É unha das parroquias con máis poboación do municipio. O río Alén sepáraa do limítrofe Mondariz , salvo os lugares de Alén e Caxil que pertencen á parroquia e están na outra marxe do río.



     Aínda queda na parroquia o lugar onde perdura a tradición da existencia dun antigo Mosteiro, e onde moi probablemente estivo a primitiva igrexa ou capela parroquial, ata que foi trasladada ao lugar actual, quedando só unha capela construída pola "Santa Inquisición" e un bosque de carballos; este é o lugar de San Xoán do Mosteiro .



     No mesmo lugar atopamos unha ponte medieval ben conservada e os restos dunha vía antiquísima que se perde na espesura do bosque onde pode atopar a "Fonte Santa" as augas da cal eran moi buscadas hai anos e manteñen durante todas as estacións a mesma temperatura.



     Os seus viños, xunto cos da veciña parroquia de Casteláns, destacan polo seu sabor afrutado coas características propias do viño do Condado.



     É un lugar que invita ó descanso e á meditación dispoñendo ademais de instalacións para o esparexemento: unha Casa do Pobo, un campo de fútbol no lugar de Redondo, unha pista de deportes e unha praia fluvial. Barrios: Alén, Caxil, Mera, Oleiros, Redondo, San Amaro e Vilanova.



     Como lugares de interese atopamos o Conxunto Abacial de San Martiño de Barcia de Mera, Igrexa e Casa Rectoral de estilo barroco onde merece destacar a fermosa fachada da Casa Rectoral repleta de detalles con influencia de culturas precolombinas.



     A súa cheminea, o seu patio interior, as gárgolas, o seu impoñente lareira, as vistas ao fértil val, fan desta obra un dos conxuntos arquitectónicos máis importantes de Galicia. Recentemente realizouse unha rehabilitación parcial da Igrexa quedando pendente a necesaria recuperación do Pazo Abacial.



Os seus barrios e lugares son:
     Alén, A Carballeira, Carredás, Caxil, O Ceo, A Corcoveira, Espiñeiro, Mera, Os Oleiros, O Pazo, A Peleda, As Pereiras, Redondo, O Santo Amaro, Os Seixedos, O Ucedo, Vilanova. 


MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Concello de Covelo
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901