lunes, 14 de diciembre de 2015

FERVENZA DE CHENLO - CHENLO - PORRIÑO

 FERVENZA DE CHENLO
REGO DE CHENLO
CHENLO
PORRIÑO


 Chenlo
     San Xoán de Chenlo é unha parroquia que se localiza no concello do Porriño. É unha das 9 entidades locais menores de Galiza. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 522 habitantes (268 homes e 254 mulleres, distribuídos en 17 entidades de poboación, o que representa unha diminución en relación ós anos 2004, cando contaba con 549 habitantes, e 1999, con 532.


Historia
     Durante o antigo réxime formou un morgadío xunto ás parroquias de Morgadáns (Gondomar) e Pazos de Reis (Tui).



     Entre 1812 e 1821 pertenceu ao concello de Mosende (1812-1821) no que reclamou manterse sen éxito. En 1836 pasou a formar parte do concello do Porriño. En 1920 constituíuse como Entidade local menor.


Lugares da parroquia de Chenlo
     As Abas, A Becerreira, As Cabreiras, Os Cabreiros, As Cales, Canadelo, Os Eidos, A Escusa, As Filgueiras, A Granxa, A Ladeira, Parada, O Penedo, O Pomariño, O Pombal, Porto de Eiras, A Quinta, O Saramagal, O Toxal, Vilar



 Porriño
     O Porriño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo, en concreto ao Val da Louriña. Segundo o IGE en 2014 tiña 18.508 habitantes. O seu xentilicio é «porriñés».



Xeografía
     Limita ao norte co municipio de Mos, ao noroeste co de Vigo, ao oeste co de Gondomar, ao sur co de Tui, ao sursueste co de Salceda de Caselas e ao leste co de Ponteareas.



Medio ambiente
     O Porriño sofre un deterioro medioambiental dende principios do século XX, que se está intentado paliar.



     No actual emprazamento dos parques industrias do concello estendíase un enorme ecosistema de lagoas, hábitat de moitas especies. A maioría deste territorio foi secado e recheado do que só se conserva o espazo natural das Gándaras de Budiño. Neste lugar atópanse especies vexetais e animais. Na fauna destaca o sapoconcho galego e a erceta común. Na flora destaca a presenza dunha planta carnívora, a orballiña (Drosera rotundifolia).



     
     O río Louro ademais, que atravesa esta zona e a propia vila do Porriño, está moi contaminado. Tamén as canteiras supoñen un forte impacto paisaxístico e acústico.


Historia
     No municipio encontráronse abundantes vestixios do Paleolítico e da Idade de Bronce, especialmente na parroquia de Budiño, o que evidencia unha moi temporá ocupación do territorio.



     Durante a Idade Media o réxime señorial estivo fortemente consolidado no Porriño, dominado por castelos dos que hoxe apenas se conservan restos: os castelos de Mirabel e Orbenlle e a fortaleza de Erbilone.



     O Porriño naceu como poboación de cruce de camiños, situado ademais na ruta de peregrinación a Santiago dende Portugal.



     Formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela na xurisdición do Porriño, dependente do Conde de Salvaterra do Miño, agás Budiño con xurisdición propia dos veciños.



     Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Mosende e O Porriño. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, no século XIX, dentro do Partido xudicial de Tui, créase o concello do Porriño, integrado daquela por sete parroquias, aínda que coa mesma estrutura superficial. Con posterioridade, en 1904, creouse a parroquia de Cans, segregada da de Atios; ademais dende 1920 funciona a Entidade Local Menor de Chenlo.



Patrimonio
     En 2007, o Concello do Porriño promoveu unha votación popular para escoller sete lugares destacados no municipio, as sete marabillas do Porriño. As escollidas, por esta orde, foron as seguintes:



    Faro de Budiño, un monte formado por enormes penas de granito con paredes case verticais, visible dende todo o val da Louriña.
    Casa do Concello, un edificio construído entre 1921 e 1924 en estilo rexionalista. O seu autor é o arquitecto porriñés Antonio Palacios. A casa do concello do Porriño foi recentemente reformada e ampliada, a partir do edificio construído por Antonio Palacios para este uso e inaugurado en 1924. É unha edificación en pedra dotada dunha gran monumentalidade en relación coa pouca superficie que ocupa, na que resalta un pórtico na súa parte frontal, a torre ameada, a profusión de vans e a rica ornamentación. O edificio ardeu no ano 1976, destruíndose o seu interior na práctica totalidade. A reforma iniciada posteriormente remata en 1983. En todo caso, a insuficiencia espacial foi cada vez máis patente e levou á ampliación lateral do edificio en datas máis recentes.



    Gándaras de Budiño, unha zona húmida creada pola confluencia do río Louro con varios regatos, creando un sistema de lagoas, brañas e bosques de ribeira. Forma parte da Rede Natura 2000.
    Roteiro da rocha e a auga en Carracido, un percorrido circular duns 4 quilómetros no que se atopan penedos, zonas arboradas, muíños, lavadoiros etcétera.
    Muíños de auga das parroquias, elementos do patrimonio popular espallados polas sete parroquias, máis de corenta atópanse restaurados.
    A Risca, zona de 10 hectáreas dentro do monte Gulpilleira do Porriño, con abundantes penedos de formas singulares e boas vistas sobre o val.
    Fonte do Cristo, outra obra de Antonio Palacios, inaugurada en 1905, de estilo ecléctico e carácter vertical, combina a pedra co ferro e a louza.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901