BARRO FASHION SOLIDARIO
BARRO
O desfile BarroFashion Solidario pechará o 4º Nadal Solidario en Barro que iníciase esta semana organizado pola A.C. Amigos da Fervenza da Barosa
Nesta 4ª edición "Nadal Solidario en Barro" preténdese recoller e superar os máis de 500 kg do ano pasado.
Establéceronse 9 puntos de recollida en total, situados en tódalas parroquias do concello, en distintos lugares, como centros públicos, locais comerciais ou hosteleiros
Colaboran na actividade como patrocinadores Copyline, Envialia-Transpobedasa, Adega Moraima, Supermercado DIA e Supermercado San Antoniño.
Colaboran tamén na actividade @s 9 locais, entidades públicas e privadas, locais comerciais, locais hosteleiros que figuran como puntos de recollida.
O vindeiro día 16 de Xaneiro de 2016 pecharase esta acción solidaria cun desfile benéfico donde se pretenden recoller alimentos como cacao, azucre ou aceite.
A Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa" de Barro, está organizando un novo "Nadal Solidario en Barro" na súa 4ª edición ,que é unha Campaña de Recollida de Alimentos Non perecedeiros para familias de Barro.
Esta campaña desenrolase durante todo o Nadal ata despois da festividade de Reis, en Xaneiro de 2016, e pretende recoller a colaboración dos veciños de Barro coas persoas máis necesitadas do noso Concello.
Dende a AC Fervenza da Barosa imos implicar a outras entidades públicas ou privadas para facilitar dita recollida e acadar o máximo número de kilos de alimentos, coa pretensión de superar os máis de 500 kg recollidos o ano pasado.
Para unha maior eficiencia na recollida dúas persoas da directiva actuarán como Coordinadores da mesma, participando o resto da directiva da AC e os socios.
Tódolos alimentos recollidos serán entregados aos Servizos Sociais do Concello de Barro, para que dentro do seu programa de reparto de alimentos llo fagan chegar de maneira anónima a quen corresponde.
A día de hoxe, os puntos de recollida habilitados son:
SUPERMERCADO DÍA (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
SUPERMERCADO SAN ANTONIÑO (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
CENTRO DE SAUDE DE BARRO (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
COLEXIO PUBLICO AMOR RUIBAL (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
IES PÚBLICO DE BARRO (OUTEIRO-PERDECANAI)
A DE MARUJA (BARRO)
A DE RIAL (VALIÑAS)
CAFE-BAR A LAREIRA (PORTELA)
SUPERMERCADO MOLDES(FONTE DE CURRO)
Dende a Asociación queremos facer un chamamento á colaboración, necesaria e urxente, e ao respecto desta actividade e non descartamos algunhas actuacións adicionais para a consecución dun éxito maior, que iremos comunicando a medida que avancen algunhas xestións que estamos realizando.
Xa como remate desta acción estase organízando para o vindeiro día 16 de Xaneiro un desfile benéfico #BarroFashion solidario que pretende recoller en concreto alimentos como azucre, cacao ou aceite.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901