jueves, 3 de diciembre de 2015

FERVENZA DA PONTELLA FORCAREI

 FERVENZA DA PONTELLA
PRESQUEIRAS
RÍO FOLGOSA
SERRA DO CANDO
FORCAREI


 San Miguel de Presqueiras
     San Miguel de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. 


     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 280 habitantes (153 mulleres e 127 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 283 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 210 habitantes, sendo 95 homes e 115 mulleres.


Historia
     Nesta parroquia estaba a sede dos Xuíces-Meiriños nomeados polos arcebispos de Compostela para gobernar a Terra de Montes. O Arcebispo Xelmírez mandara construír unha fortaleza e unha torre, das que hoxe só quedan ruínas, nunha pequena península que forma o río Castro, afluente do río Lérez, e que foi derrubada polos Irmandiños en 1476.



Lugares de San Miguel de Presqueiras
     Barro, Guisande, Morgade, O Outeiro, San Miguel



Comarca de Terra de Montes
     Esta comarca de 528,98 km² sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sur.



     En 2014 a poboación era de 26.753 habitantes, dos cales 21.197 vivían no concello da Estrada, o que é indicativo do carácter de núcleo reitor comarcal desta vila. As cidades máis importantes preto da comarca son Compostela e Pontevedra.


     A Terra de Montes conformouse desde a división parroquial que realizaran os reis suevos Teodomiro e Miro na segunda metade do século VI. A comarca consolidouse coa súa incorporación á sede arcebispal de Iria Flavia. En 1115 o arcebispo Xelmírez, por doazón de Dona Urraca, construíu a torre-fortaleza do Castro de Montes, desde a que os xuíces-meiriños gobernaban a comarca. En 1135 construíuse o mosteiro de Aciveiro, arredor do cal se creou unha importante actividade comercial e artesanal a partir do século XII.


     A comarca de Tabeirós - Terra de Montes está a ser unha zona onde a sangría demográfica é constante: entre 2000 e 2009 a comarca perdeu de 1.383 habitantes (un 4,64% da poboación).


Serra do Cando
     A serra do Cando é unha serra galega pertencente á Cordilleira dorsal galega que ten montes a unha altura media de entre 600 e 1.000 metros sobre o nivel do mar. 



     Esténdese polos concellos de Cerdedo, Cotobade, Forcarei, A Lama e Beariz. Está unida á serra de Candán polos montes de Costoia.


     A vexetación da serra son as xestas, o mato de toxos, breixos e carqueixas. Hai importante plantacións de piñeiro e eucalipto. Existe un ecosistema de gran valor nos altos da serra, así como nas carballeiras do río Verdugo e os seus afluentes.


     Recibiu a distinción de Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901