jueves, 24 de diciembre de 2015

ENCAIXES E BORDADOS NO "CAMIÑO"

 ENCAIXES E BORDADOS NO "CAMIÑO"
PAZO DA CULTURA
PONTEVEDRA


     Baixo o epígrafe de 'Encaixes e bordados no Camiño Portugués', o vestíbulo do auditorio do Pazo da Cultura acolle este venres 11, a partir das 19.00 horas, o acto de inauguración da exposición 'Camiños', que chega á súa sexta edición.


     Esta mostra itinerante comeza o seu periplo en Pontevedra para despois trasladarse a Ponte de Lima e Barcelos.


     40 palilleras das asociacións 'A Fieitiña' e 'Mar de fíos' de Pontevedra, ademais de artesáns do bordado de Barcelos e Ponte de Lima ofrecerán unha mostra dos seus traballos coa participación das pintoras Anxos Igrexas e Luz Lafuente, ademais do fotógrafo Xulio Gil.


     O comisario desta exposición é o profesor Mario Galego Rey, experto internacional no encaixe de palillos.


     Durante os días da Exposición, as palilleiras das Asociación "A Fieitiña" e "Mar de Fíos", estarán facendo traballos de bolillos no recinto expositivo.


Outras actividades
Xoves 17:
CONFERENCIA SOBRE " O ENCAIXE "
     O Xoves 17 ás 19.00 horas na propia Sala terá lugar unha Conferencia sobre o Encaixe que pronunciará o Profesor Mario Galego Rei, especialista internacional do encaixe de bolillos.


Mario Galego Rey
      Don Mario é un deses homes que fai falla sempre, como diría Beltor Brecht un deses imprescindibeis. Podemos navegar pola net e atopar moita información sobre este personaxe que ten feito moito por sacar á luz a nosa historia e orixes. 


     Don Mario, non só é un mestre e un erudito na historia é un dos maiores expertos no encaixe galego 


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: PontevedraViva
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901